Dedicatoria
Cos mellores desexos
aos mozos da Quinta:
blogueiros escritores
e tamén lectores;
cregos e laicos.
COMPARTIR GANAS DE COMPARTIR
Moitas cousas temos para compartir.
Mentres a roda imos nós xirando,
infancia e mocidade recordando,
sen preguiza poderiamos escribir.
Non temos ganas de ideas transferir.
Mentres lemos, xulgamos, espreitando,
poucos son os que seguen opinando.
Fin de ano. Stop ou convén seguir?
Con este soneto quero desexar
saúde, amor e felicidade;
esperanza e vida para progresar.
Que crezan fortes lazos de amizade!
Que o Neno-Deus nos veña empapar
de amor e sincera humildade!
Eduardo Seco
Bo Nadal
Feliz Navidad
Bon Nadal
Gabon Zoriontsuak
Buon Natale
Joyeux Noël
Merry Christmas
Calá Jristougenna
Fróhliche Weihnachten
Mo`adim Lesimkha
Para vós e as vosas familias
No hay comentarios:
Publicar un comentario