Como estamos en vísperas do sorteo da lotería e, parece que con este acontecemento bailarín de bolas do azar,é o punto d´arrancada para que comence a gran festa que é o memorar o nacemento do Neno,deséxovos a todos os que andades por estas follas,UNHAS FELICES FESTAS DO NADAL 2009.
Vai á miña última poesía deste ano que está a piques de morrer adicada o avó da miña dona que deixou un burato dificil de tapoar.
Vai por tí AVO:
O AVÓ MANUEL
Cae a chuvia miudiña,
miudiña, preguiceira;
cae á chuvia miudiña,
cae á chuvia pola eira.
Voa alto unha andoriña
e, unha carriza na silveira,
rebulindo nunha clareeira,
abanea o rabo lixeiriña.
E, da pola de unha cerdeira,
axiña salta á donicela,
competindo atrapar coa merla
á lombriga que bule na leira.
Esgallada á carón da casiña
a gavela de toxo pa eira,
o avó, co pingallo da xeira,
rebule o cortello da espiña.
O arado segue á rodeira
que á burra rexeita teimada,
precisando dunha zorregada
que axeita o pao da lumieira.
De coitío a figura acougada,
no terreo argallado da leira,
vai deitando na terra á coleira,
rexeitando á col esgazada .
Aquedado na súa aldeíña,
co sorriso da labor xa feita,
labrego, da nobreza colleita,
de Beldoña esgotada xoíña,
Antonio Puertas
No hay comentarios:
Publicar un comentario