Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 5 de diciembre de 2009

HIPATIA E PRISCILIANO. A nora da historia

   Lin algún artigo sobre Agora e todos cualifican moi ben a película, desde a perspectiva artística e tamén ideolóxica: cine potente.    Gustoume moito o traballo de X. L. Méndez Ferrín (Faro de Vigo. 7/XI/09), que tomarei como guión por tocar aspectos do contexto do noso nanoblog.
   A acción desenvólvese no tempo en que o cristianismo se converte en relixión oficial no Imperio Romano, con Constantino e Teodosio. Hipatia, filósofa, adoptou unha actitude de razoamento fronte ao cristianismo; como tiña tanta influencia en Alexandría, o patriarca Cirilo chegou a envexala, a odiala e a lanzar contra ela uns monxes fanáticos, dentro do templo, que lle separaron a carne dos ósos con cunchas de ostra; noutra versión, con fragmentos de cerámica. Ano 415. Cirilo é santo, doutor e padre da Igrexa. Na película a morte da protagonista (Rachel Weisz) é moito máis piadosa e cristiá.

   Hipatia converteuse nun emblema universal da liberdade de pensamento reprimida polo fanatismo e o poder. Escritores como Voltaire, Schiller, Vivenzo Monti ou John Toland glosaron a súa vida e morte. Neste contexto está situada a obra de Amenábar.
    Descubrín tamén que de Hipatia se ocupou:
- O bispo Uxío Romero Pose. A Trabe de Ouro,  número 26.
- Afonso Pexegueiro, que titulou Hipatia un importante libro poético. Xerais. 1998.
Os librepensadores foron sempre gardiáns da memoria desta muller malfadada.

   Segundo Ferrín, hai indicios de que Hipatia tivese noticias de Prisciliano, decapitado 30 anos antes. Romero Pose traza un paralelismo entre Hipatia e  Prisciliano. Prisciliano é, segundo Cadwick, a primeira vítima cristiá da intolerancia católica do Estado.
Romero Pose sitúa a Hipatia como a primeira vítima pagá da intolerancia relixiosa: "Comparando as vidas nun ambiente común podemos perfilar mellor os seus rostros. A Gallecia do século IV e das décadas posteriores é universal e romana e está encravada nun cadro máis homoxéneo e máis amplo que onde estaría posteriormente".
Completa Ferrín a idea dicindo que só poderiamos entender o posterior Reino Suevo e a figura de Martiño de Dumio ou de Braga entendendo Gallaecia como un estado independente pero aberto ao mundo carolinxio e bizantino.

   Un feminismo difuso relaciona tamén a Prisciliano con Hipatia. Aquel parece que foi educado filosoficamente por unha muller, Agape, e que tiña discípulas, das cales unha, Eucrocia, sufriu martirio en Tréveris canda Prisciliano.
Prisciliano foi acusado de herexe e de andar en pecaminosa compaña de muliericulae, mulleres baixas e desprezables.
Hipatia, que disertaba na ágora sobre astronomía e filosofía, sería un desafío á Igrexa e unha humillación insoportable para o propio Cirilo, que ordenou matala. A inquina de Cirilo contra Hipatia encontraba eco na cultura antiga e na misoxinia de san Pablo e outros.

   E resulta que cheguei, sen pretendelo, a temas de remanente actualidade, como o papel da muller na Igrexa, o pecado público e privado, a situación obxectiva de pecado, a excomuñón automática, que volve percorrer el Mismo Camino.
Mágoa que desaparecese a maioría das picotas que a Inquisición tiña instaladas nas ágoras ou prazas públicas de vilas e cidades!
   Lin a reportaxe recomendada por Rafael. Dá moito que pensar. Tamén lin Muertes de perro; agora estou con El fondo del vaso, comentareinos se procede.

           Eduardo Seco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario