Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 28 de febrero de 2010

MISCELANEA IV( Rafael)


Cando xa tiña aberto o tinteiro e cargada a estilográfica para esborranchar catro letras mal formadas para cumprir coa obriga, de non mediar forza maior, de polo menos unha vez a semana asomarme a esta fiestra comunicativa, batín coa entrada do amigo Eduardo que lin e relín con moito gusto. Teño que recoñecer que me pisou algunhas ideas, falando en términos periodísticos, que pensaba expor. Non me causa ningunha contrariedade xa que o fai cunha claridade e habelencia encomiable.

Comprendo a Fernando polas incomodidades que supón ter a casa no campo da festa e padecer as consecuencias do día despois das xornadas etílicas da mocidade. Hai tempo que non soporto escoitar unha orquestra. Como te poñas ao lado dos altofalantes e tan forte a intensidade do son que me remexe as tripas e teño que irme de inmediato. Unha vez comenteillo a uns rapaces e dixéronme que a eles lles encantaba.”A música e para escoitar no estómago e notar como tremes e te estremeces”Aí queda iso. Choque xeracional. Nos somos doutra escola. Como di Eduardo xa somos mais avós que pais.

As reflexións que apuntan Vilariño e mais Eduardo son compartidas ao cen por cen. Non se pode negar a realidade. Tampouco se pode xeneralizar. Penso que nunca tivemos unha mocidade tan ben preparada. Os intercambios coas universidades europeas aos que se acolleron moitos dos nosos estudantes tiveron uns resultados moi valiosos. O acceso xeneralizado a educación e a Universidade é unha realidade impensable cando nós fomos mozos. As persoas moi viaxadas acaban sendo moi cultas. Ter moito mundo e sinónimo de estar moi preparado para a vida na meirande parte dos casos. Esta é a cara positiva. A negativa que tamén existe é a do fracaso escolar. Os fillos de familias desorganizadas e sen estructura que os axude e protexa. A exclusión social., a drogadicción ...

Un medio moi bo que aporta un remedio importante aos nosos adolescentes e mozos son as actividades deportivas ,culturais :clubs de lectura, teatro, música, despertar as afeccións ...para que saiban gozar da vida e ter experiencias agradables distintas as que subministran os distintos tipos de droga. Mentres estiven de asesor legal da Federación e Confederación de APAs de centros públicos de Galicia foi unha idea obsesiva e insistente. Una das funcións primordiais das asociacións de pais é organizar,promover ,programar ,ofertar e conseguir financiación para o meirande número de actividades extraescolares nos Centros. Houbo anos que se chegou nalgúns a case totalidade do alumnado. Os concellos,as Deputación e a Xunta investiron cantidades importantes. Non todo está feito. Hai moito labor por diante. Nesa dirección e na que hai que ir para atallar a tempo o problema do botellón e da drogadicción Nese traballo non sobra ninguén. Todos educamos a todos.

Noutra orde de cousas pareceume interesante unha fundación, recentemente creada, para infundir confianza na sociedade: fundacionconfianza.es/.A ver o que dá de si. O clima de pesimismo e de medo que se introduciu no tecido social é tremendo e as consecuencias económicas para todos e sobre todo para os mais desprotexidos,para os pobres, poden ser irreparables. A economía sen esa confianza na que se fundamenta ten pes de xeo e co medo pode empezar a derreterse. O outro día mandoume un correo o amigo Senín e xa lle dicía que a economía e unha roda conformada por moitas pezas encadeadas .Se falla unha a roda xa non xira. Se non se consume as empresas non producen,Se non se produce non hai traballo, Se non hai traballo non hai cartos,E se non hai cartos non se consume. Entrade nesa páxina e xa veredes como estades conformes coas súas mensaxes. Por hoxe mais nada. Moitos saúdos para todos. Rafael

GANDUXANDO IDEAS

Saúdos
   Tras 10 días sen abrir o blog, tópome cunha fecunda produción; non sei se polos efectos benéficos das viandas mesiánicas, ou do arrecendo da flor de mimosa, que está anunciando a primavera, musa de prosistas e poetas, como Antonio e Andrés. Benvidas, pois, as celebracións e a estación que resucita vexetais e animais aletargados.
   Nestes días de turismo por terras catalás comprobei  que me entendín con eles perfectamente en castelán, que entre eles tamén se fala en castelán, especialmente en Tarragona. Celebran  misas en catalán e castelán;  asistín a unha en catalán e entendín practicamente todo.

Fiando ideas
   A lectura das entradas de Fernando, de Rafael, de Antonio e dos Andreses suxírenme uns comentarios que vou ganduxar axiña.
   Haberá que darlle un toque ao alcalde Boqueixón para que poña orde no Campo do 26. Como non hai mal que por ben non veña, o ruído musical levou a Fernando a refuxiarse na escrita e a agasallarnos coa entrada da filloa.

Botellón
Sobre o botellón subscribo as ideas de Andrés, "felizmente resucitado", en palabras do tocaio. Quizais non nos apurasemos a contestar porque xa somos máis avós ca pais. Os fillos xa son grandiños e non nos afecta tan directamente o tema.
   O fenómeno botellón parece universal, globalizado, como case todo, e estanse incorporando a el rapaces cada vez máis novos. Poucas veces se fala da responsabilidade dos pais, que lles dan cartos e permiso. Pero tampouco son os únicos responsables e moitas veces non saben como plantarse, ou non se atreven. Responsables somos todos un pouco, como dicía Andrés. Desde a educación individual de cada adolescente para tomar a opción de diversión ata o labor dos centros de estudo, pasando por iconos sociais que se exhiben como modelos nos medios, carreira fulgurante de famosillos analfabetos que de repente se converten en formadores de opinión en moitas tertulias, maneiras de gañar diñeiro fácil... Sempre penso que os educadores fracasamos cando vexo as concentracións  de fin de semana, cando observo destrozos no mobiliario urbano, ou espazos públicos sucios. A capacidade de influencia da escola é mínima fronte á potente maquinaria social antieducativa. Pero consolan os exemplos positivos, que tamén hai moitos.
   Nesta sociedade do benestar estamos tan  infantilizados que ata delegamos as obrigacións de pais-educadores en papá Estado (alcalde ou policía) como se os comportamentos non fosen decisións individuais. Inconscientemente estamos dando por válido que as persoas somos gregarias e actuamos como rabaños.  
   Mentres os pais, e o resto da sociedade, non  nos impliquemos, algúns adolescentes seguirán inmersos nese consumismo compulsivo etílico de fin de semana. É certo que non todos se emborrachan nin todos destrozan mobiliario urbano nin todos rematan en urxencias, pero sempre estamos tentados a xeneralizar inxustamente e a converter a parte no todo.

Exemplo que damos
   Tirando do fío, chegamos á exemplaridade que debemos aos máis pequenos, como explicaba Rafael. Creo que ás veces os máis novos son o noso espello, pero os adultos non nos recoñecemos e só vemos a imaxe deformada e idealizada de como eramos nós de mozos. Repasemos o que soa estes días nos medios:
- Un ex presidente fai un xesto de macarrilla ou de neno borde. O mesmo preguntaba hai uns meses: Quen es ti para dicirme se podo ou non podo beber unha copa de viño? Déixenme beber tranquilo!
- Un deputado, Nacho Uriarte, admirador do anterior e membro da comisión de seguridade vial, é cazado in fraganti cunhas copas de máis  nun accidente de tráfico.
- Esperanza, a que non é virtude teologal, chama f. de p. a un compañeiro de partido. Disculpouse asegurando que non se refería a Gallardón. A outro xa o pode insultar?
- O candidato á alcaldía de Pontevedra, compañeiro dos anteriores, usa a mesma orixe materna para referirse aos medios de comunicación.
-  Outra líderesa política intenta insultar ao presidente do Goberno e, de paso, insulta a todos os galegos. Converte un patronímico neutro nun insulto "no senso máis pexorativo do termo". Discúlpase o aparato do seu partido acusándonos de novo de intolerantes, de portadores de complexo de inferioridade, de faltos de sentido do humor e de perturbados nacionalistas. Quedas disculpada, querida Rosa murcha de xardín de outono!
- Na maioría das celebracións sociais corre o alcohol e está ben visto. Os máis pequenos miran. Copiarán despois?
- "Viva el vino!", dicía un ilustre pontevedrés, como colofón.
   Se os defensores dos principios sólidos, das conviccións profundas e dos valores universais actuamos así, algo de responsabilidade teremos na educación e comportamento dos mozos e mozas.
   A educación sería a clave, escola de pais e escola regrada. Os curas neste tema non me parecen tan culpables, a pesar de celebrar con viño o acontecemento litúrxico máis importante. As mensaxes negativas que perciben os mozos dilúen as contrarias.
"Abride escolas e han pechar os cárceres", escribía Concepción Arenal no século XIX.

Cortina de fume. Cobro de facturas
   O caso Garzón significa que a transición aínda non está consumada. Quedan moitos franquistas-falanxistas, asociacións herdeiras ideolóxicas do franquismo e políticos corruptos que deron cuns maxistrados/xuíces de ideas parecidas e desexosos de pasar factura. A intervención do instrutor do caso, sen entender  eu de dereito, parece cuestión de celos profesionais.  Esta simplificación é a conclusión á que estou chegando despois de ler e escoitar as noticias. O intento de linchamento de Garzón serviría para tapar a corrupción do caso Gürtel  e para tapar a negra historia do franquismo. Colaboradores necesarios, uns xuíces e maxistrados que matan dous paxaros dun tiro. Converxencia de intereses: cicloxénese explosiva, a tormenta perfecta para ocultar outros asuntos (primeiro grupo) e para amosar outras estrelas da xudicatura (segundo grupo).

Suma e sigue
   Poderá ser Garzón a penúltima vítima do franquismo?  Tirando da suma, seguimos coa Lei da Memoria Histórica. Chamoume a atención unha noticia do País de 24-01-10, recollida en Camuñas (Toledo).
O arcebispado de Toledo tamén abriu as fosas dos seus mortos para exhumar os restos de nove curas, vítimas dos republicanos, e candidatos á beatificación.
   O bispo auxiliar, Carmelo Morobia, visita a fosa e di: "Oxalá que isto nos sirva para non repetir nunca as barbaridades que fixemos na guerra".
  E defende a Lei da Memoria: "É de todos, claro que me parece ben que se abran fosas.Desgraciadamente, todos temos que pedir perdón pola guerra e todos temos dereito á Lei da Memoria".
   O médico forense Francisco Etxebarría conta que no País Vasco hai máis de 600 peticións de apertura de fosas e que só tres pertencen á represión republicana: "Vítimas hai nos dous bandos, pero un deles gañou a guerra. E por iso as únicas fosas esquecidas eran as dos republicanos, porque as outras xa se estudaron e protexeron durante o franquismo".
   "Nas fosas republicanas a investigación parte de cero, ou tes que esperar dous anos para conseguir o texto do consello de guerra", explican un investigador do CSIC e unha antropóloga.

Invento vello
   A memoria histórica non é un invento de 2007. O BOE proba a preocupación de Franco, desde 1936, por pedir un censo de desaparecidos, encargar a un grupo de expertos un protocolo de exhumación e preservar por lei as fosas comúns para que non se profanasen nin se construíse sobre elas. Isto éra válido só para as vítimas dun bando.
   O censo de desaparecidos ou falecidos ía acompañado de: "Muerto gloriosamente por Dios y por España". E mesmo atendeu "tan justas aspiraciones de los familiares de aquellos que tan gloriosamente cayeron víctimas de la barbarie roja", é dicir, recuperar os corpos das fosas comúns donde xacían.

Club de remendados
   Coñecía o club dos poetas mortos, pero non o dos remendados. Somos os superviventes da famosa e cruel guerra dos 65 anos. Felices os que podemos contalo. Adeu.
                              
                       Eduardo Seco.

sábado, 27 de febrero de 2010

Para o tocaio A.L. Amboage e para o colega Fernando Ledo (Andres GV)

Andrés, non sabía desas piruetas literarias nin dese exercicio de humor retranqueiro... Moi ben. Sigue frecuentando este espazo. Sorpréndenos.
Fernando, estiven esperando que che respondesen os pais aludidos na túa colorida e crítica aportación da "festa da filloa", ou que se desen por aludidos, pero xa que non, direiche que o botellón e modos similares de diversión (nociva para os protagonistas, nociva para o entorno veciñal, nociva para o equipamento urbán, nociva para as expectativas da mocidade, etc) está nas mans dos propios "usuarios" ou "vítimas" o acabar con el. As autoridades poderán prohibir a participación de menores, en razón do alcol,; e a vetar algñúns espazos de uso público, en razón das molestias e do horario, pero pouco máis. Son os mozos e mozas os que deben decidir polos modos de divertirse, compartir e comunicarse. Lamentablemente a prohibición do alcol a menores, fai que os adolescentes poñan no botellón a expectativa de crecer para participar, coma unha meta desexable. Aquí é onde entra o papel do educador, pai, mestre, cura, político, isto é adulto responsable: axudar a ver e tamén mostrar modos de diversión e de comunicación máis gratificantes. Isto penso.

viernes, 26 de febrero de 2010

Concurso ¿Quen é..? (Andres GV)


A fotografía  foi feita por Senín Bello nunha das nosas convivencias. O portador que non ten emborranchada a cara é perfectamente recoñecible, así como as santas que porta. O portador vai camiñando en arroubo místico, coa ollada perdida na terra e prendida no ceo, seguramente arrebatado por un fervor que o extrae deste mundo. Fixádevos ben no seu mirar. Semella un místico saído dun cadro do Greco. As dúas santas, desde arriba, van pendentes del porque se chega a levitar, poderíase producir un estropicio.
Ben, ábrese o concurso. O gañador terá unha homenaxe nesta mesma páxina, consistente en foto comentada de convivencias anteriores, ou algunha outra sorpresa, coa axuda de Vázquez Pose.
1. En que lugar da nosa terra foi feita esta fotografía?
2. A que ano corresponde a convivencia que deu lugar a tal actividade?
3. Cómo se chama o portador que ten a cara descuberta?.
4. Como se chama o portador que está ao seu lado?
5. Como se chama o portador que ía detrás del?
6. Como se chama o compañeiro que vai canda eles na procesión coma un devoto máis?
7. Como se chaman  as  santas que portan?
8. Como se chama  a santa que vén detrás en segundo termo na procesión?
9. ¿Quen foi o compañeiro que tivo a acollida da convivencia aquel ano?
10. Cal é a romaxe na que están participando?

domingo, 21 de febrero de 2010

FESTA DA FILLOA

Hoxe celébrase a tradicional festa da filloa en Lestedo. Este é un deses días no que me sinto seriamente perxudicado na miña propia casa. Como ben sabedes, teño a casa á mesma beira da plaza donde se celebran as festas todas do ano (é son unhas cuantas). Para empezar, hoxe pola mañá á hora de saír para a parroquia xa tiña un coche aparcado diante do garaxe e tiven que dedicarme a "tocalo pito" un bó anaco de tempo para poder marchar. Ó medio día non puiden vir para a casa porque tería que deixar o coche a un kilómetro e había temporal de vento e chuvia; así que collín carretera e fun a comer lonxe e pasei a tarde na casa dun familiar. Chegadas as dez da noite seguía o vento e a chuvia polo que determinei voltar prá casa, cavilando que a festa estaría rematada debido á meteoroloxía e a que mañá é, ou debería ser, día de traballo. Pois nada de nada, son agora mesmo as once da noite e, mentras escribo estas liñas, está a famosa orquestra Olympus dándome a tabarra con eses bramidos desaforados que nestes tempos lles chaman música. Estou na planta alta da casa, con dobles ventás, cortinas corridas e portas pechadas e asegúrovos que non podo leer, nin ver a tele, nin falar por teléfono; o rebumbio dentro da casa non permite outra cousa que o que estou facendo con esta entrada.
En Lestedo pódese facer calquera tipo de festorro durante o ano adiante que, por estar cerca de Santiago, aquí acode canto can e gato hai ainda que caian raios e centellas. E a de hoxe é a primeira do ano. Pero ainda teño algo máis aldraxante que vos contar:
No pasado mes de setembro, chegados os días grandes das mellores festas do ano, paguei disciplinadamente a cuota que me correspondía como veciño, ou sexa noventa euros. Cal é a miña sorpresa que, chegado o primeiro día, aparecen as tres grandes orquestras de moda (Panorama, París de Noia e Olympus), montan as tres diante da miña casa e celébrase un macrobotellón ata o día seguinte as nove da mañá. Eu non sabía que se trataba dun botellón pero tiven o acerto de marchar xa pola mañá da casa e non voltei ata o día seguinte á hora do xantar. Quedei mesmamente abraiado ó contemplar a esa hora o chan de toda a plaza cuberto de un espesor de unha cuarta formado por vidros de vasos, botellas, plásticos, etc. etc. e outras substancias que prefiro non nomear. Tampouco se salvou o xardín que teño diante da porta protexido con reixa de ferro. E menos mal que non atacaron á casa. Logo contáronme o das nenas e nenos en idade escolar arrastrándose pola mañá para voltar ó seu fogar, mentras algúns dos seus compañeiros eran recollidos polo 061 en coma etílico. Xurei solemnemente que a miña cuota para festexos quedou suspendida "sine die" e probablemente usque ad calendas grecas. Sentinme avergoñado e aldraxado por haber contribuído cos meus cartos a este tipo de actos culturais. Lástima de non poder trasladar esta casa ó cumio do Pico Sacro. Polo de pronto, pra que non me pase como ó gato escaldado, de agora en diante marcharei de vacacións nos días grandes de festa e incluso cos 90 euros poderei permitirme a licencia de degustar un bó xantar.
Gustaríame saber qué opinades do botellón os que sodes pais de familia. Ós meus chavales que se Confirmaron o ano pasado parecíalles do máis normal. Nunha ocasión cheguei a Vilagarcía na mañá seguinte dunha noite de botellón que se fixera na praia Compostela e, mentras contemplaba a esterqueira, topeime con un profesor de instituto que, ante o meu comentario, miroume con sorriso benévolo e engadíu que o único fallo estaba en que o Concello debera mandar de madrugada a brigada de limpeza para facer o seu traballo.
¡Vivir para ver!. Quousque tandem? diría Cicerón. Fernando Ledo.

MIL PALABRAS

 
Non queda ninguén que non comentase este fin de semana a figa de Aznar. Opinións para todos os gustos. Faio cada un segundo a posición que teña respecto á cabra como nos refería D. Manuel Ferro. Uns vírona branca, outros negra e outros nin mais nin menos ou non saben ou non contestan Hai un aspecto que nonescoitei. O da exemplaridade para os mais pequenos. Por iso escollín esa foto dun neno.


Conta un emigrante,deses tantos galegos que nos anos 70 traballaron en Alemaña, que ía cruzar un semáforo en vermello e o compañeiro alemán suxeitoulle o brazo e preguntoulle que ía facer. Non ves que non hai perigo?. Respondeulle o emigrante: E si te ve un neno? que?

Cando suceden feitos que chaman poderosamente a atención, como o maltrato ou a violencia, porque saen nos medios de comunicación, inmediatamente nos acordamos ou do dereito ou da educación .Imos modificar unha lei ou isto hai que empezar pola escola. Que pouco pensamos que na sociedade todos influímos na conduta e comportamento de todos , máxime cando a información, as ideas, as imaxes, a expresión das emocións e sentimentos se nos mete nas salas, nos cuartos e acaba contaxiándonos malia que pensemos o contrario.

As imaxes do que asiduamente vemos rematamos interiorizándoas como algo normal e quitándolle a gravidade do que en si mesmas poden ter.

Hai uns anos xa no Instituto, cando había “crónicas marcianas”, un alumno indo para o encerado tiroulle un compañeiro do pantalón e deixouno en calzóns ante toda a clase. Era un neno vergonzoso e tímido e reaccionou botándose a chorar ante as gargalladas dos demais compañeiros. A profesora comunicoullo a Dirección que sancionou ao autor con suspensión do dereito de asistir ao Centro durante tres días, tendo que realizar todas aquelas actividades que cadanseu profesor lle mandan neses días. Cando llo notificaron aos pais pareceulles unha barbaridade. Aquilo fora unha broma de nenos que non ten importancia ningunha. Se o humillado tivese sido o seu fillo tampouco lle darían importancia. Iso vese na TV porque é a cousa mais normal. Uns días antes no programa citado,paseaban polo plató cos pantalóns baixados entre os aplausos do público.

A máxima é que unha imaxe vale por mil palabras. Xa en San Martiño nos ensinaban que as palabras poden convencer pero os exemplos arrastran.

Mudando de tema debo dicirlle a Senín que,sen estenderme moito, paréceme que tanto Setién como Uriarte, ámbolos dous Xosé Marías, se recoñecerán como dous grandes bispos por terse identificado co pensamento conciliar cando eran auxiliares un en San Sebastián e outro en Bilbao. Corresponden ao tempo en que eu seguía con mais intensidade e regularidade no día a día a vida da Igrexa. Foron bispos amantes do diálogo que fixeron causa cos mellores presidentes da Conferencia episcopal: D Enrique Tarancón e D. Gabino Díaz Merchán. que tan bos servizos prestaron a toda a sociedade. No pontificado de Pablo VI, baixo o que foron nomeados,foron tempos de gran liberdade na Igrexa e se escollían os pastores en consonancia coas doutrinas conciliares moi distinto ao que aconteceu posteriormente. O sementeiro destes bispos novos procede de Toledo do famoso D. Marcelo que pediu o voto contra a Constitución e puxo en marcha un seminario tridentino para formar cregos . Ao falar de Munilla tes en conta este dato. A Igrexa como xerarquía non lle vai moi ben e as causas son moitas pero entre elas penso que non está a desgracia do Concilio como xa din agora abertamente. Non hai mais que asomarse pola rede a INFOCATOLICA e ver como fan realidade o que dixo este papa “se muerden y devoran entre si” está á orde do día. Na década do 65 ao 75 mai sou menos todos cabiamos na Igrexa ,sentiámonos todos na mesma barca e todos formabamos o mesmo corpo cristián pero con distintas competencias, funcións e dons con respecto e cariño entre a maioría,deixando á marxe aos extremistas que sempre houbo. O carisma de cada quen era respectado. Cando os partidarios de Trento e do Syllabus se foron impondo na curia romana e atemorizando aos convertidos no Concilio e a deixar desde Roma sin efecto os acordos do CELAM e de Medellín, (A Tarancón impuxéronlle en Roma a causa de facer besto a Escribá,conta nas memorias), e apoiar as ditaduras en suramérica empezou a desfeita,as desercións...o demais que puídese dicir xa todos mais ou menos o supoñedes porque como di Vilariño a estas alturas da vida xa estamos de volta de moitas cousas. Isto é falar por falar.

Esta semana condecoraron aos militares coñecidos hai 36 anos como os húmidos. Xa era hora. O Parlamento a proposta de Defensa acordouno por unanimidade. A xustiza é lenta. Un profesor que tiven eu dicía que era lenta “per se". .Referíase á que se pide ante os tribunais, pero a outra por analoxía tamén se contaxia“.Se fose rápida a xente confiaría nela e presentaría tantas causas que inmediatamente caería na lentitude outra vez.
A reportaxe que nos fixo Vilariño das 12 tribus está moi ben e non desmerece nada das que aparecen en revistas gráficas que se ven nas perruquerías unisex .Un traballo bonito e ben feito. parabéns¡
Saúdos especiais para Amboage e agradecido polos bos desexos. Novas memorias para todos. Rafael

sábado, 20 de febrero de 2010

LACONADA NA CORUÑA

A MIRADA DE SUAREZ COTELO

Un sorriso que se perde ná mirada,
unha man, nin nó vaso...nin ná xarra;
unha estaca que agocha baixo á mesa
que, a piques,está d´amolar á velada.

Antonio Puertas 

Me alegra

Me alegra comprobar que en estas tres semanas que estuve "ausente" del blog  se ha animado .Me alegra ver a Senín provocador ,a Rafael echándole un capote a Garzón o a Andrés G.V. "felizmente resucitado" .Como todavía estoy un poco "liado" , mi aportación se va a limitar a reproducir un poema escrito hace unos años(mi producción poética está muy lejos de la fecundidad de Antonio Puertas) .Me lo trajo a la memoria otro -muy agudo-sobre el consumismo de E. Seco .Dice así :
Riing...riing...
¿El marketing?
Replico a la carta
en que me ofrecen :
libros gratuitos
que me apetecen...;
y un número mágico
con que pueda ser
millonario posible
por cuarenta vez .
Pues si quiere enviarnos
mil setecientas...
pagará el correo
de nuestra oferta...
¿Sin saber ni siquiera
nobles autores? .
Eso es cosa que tiene
menos valores...
¡Coño! , ¿por qué me ofenden
con tal engaño? -
¡Eso es cosa que opina ,
amable hermano! .
Lo de ¡coño sería
mejor guardarlo...
Pues , ¡coño! ,le digo ,
¡vayase al diablo! .
Mi bienvenida a los recién salidos del quirófano al club de los "remendados" .Un brazo : Andrés L. Amboage .

viernes, 19 de febrero de 2010

Comida de entroido, e 5. Agora xa beben viño e aquí quedamos (Andres GV)

¡Pobre Puertas, que estoicamente resiste o terremoto de palabras, o diluvio de recordos, a incontinencia de consellos, a vis comunicativa, a treboada de ideas que lle chegan, como torrenteira, dos labios de Dios, Agustín!
A gostiño se lles ve a estes tres, coas copas de Rioja (¡ben que sabía, si señor!) precursoras, por fin, das mesiánicas viandas, tan esperadas.
Eran as tres e media da tarde do venres antes do entroido.
Eramos doce na mesa. Doce, un  número cheo de saludables connotacións.  Desde a mesa derradeira de Cristo ata as promesas e esperanzas dos fillos do patriarca Iacob.
Doce foron  as tribos de Israel e desde aquela este número, doce, desvela a complexa riqueza do que é comunitario, de todos. Nesta mesa do entroido coruñés de 2010 fisicamente estabamos doce. Pero connosco estaba toda a Quinta do 57.

Mesa de entroido, 4.Xa estamos todos.

Será verde. Pero verde picante. Quen o contou non sei, pero as risadas de Alfonso e de Pereira son delatoras. ¿Ou non?
O contraste está no fondo, no contraluz das nevadas cabezas de Rogelio Cotelo, de Manolo Felpete e de Juan Sanlés, onde a conversa debe de pasearse por alamedas menos esvaradizas.
Pero aquí ¿cando se come?
O mantel segue agardando que lle caian enriba unhas pingas de Rioja, unhas manchas de graxa, unhas faragullas de pan... Para iso son os manteis.
Pero os que deberían estar máis impacientes seguían de leria.... Coma se nada.

Mesa de entroido,3. Cogito, ergo sum (Andres GV)


A ollada perdida no infinito. Un sorriso que non quere chegar a definirse como tal. Un certo aire de desencanto ou, se cadra, unha opinión sobre o que se escoita pero que non chega a formularse. Todo iso me di a expresión de Suárez Cotelo, de profesión metafísico, e aquí captado en liña converxente coa transparencia da auga, símbolo fermoso da verdade que mana dos corazón das persoas.
Esa man esquerda, pousada con certo descoido sobre a mesa, ¿descobre na intención do fotógrafo algunha alusión ideolóxica? Se non é así, ¿por que, logo, a man dereita nin aparece?
Será ben que os seguidores do blog, tamén o interesado, expoñades o que ledes nesta fotografía.

Mesa de entroido, 2. A perspectiva inversa (aínda que non de todo) Andres GV


A cabeza do primeiro plano á dereita perténcelle a Dans Couto, que non está en actitude orante, aínda que o pareza, senón simplemente expectante, porque acababamos de nos sentar e xa pasaban das tres da tarde. No contraluz do fondo, na cabeceira da mesa Juan Sanlés, escoltado pola dereita nada menos que por Dios, controla o ritmo da conversa. Asoma pola esquerda o perfil de Fernández Barros . Diante del tanto Pereira Castiñeiras como Suárez Cotelo atenden a algunha precisión de fondura de parte de Sánchez Otero, que non aparece, pero que concentra as olladas de todos os comensais. O que non é discutible é a sensación de corrección, saber estar, venerable porte, de todos os que, ademais de mesa e mantel, estabamos compartindo amizade adobada con nostalxias.

jueves, 18 de febrero de 2010

Xantar de entroido (120210) Andres GV


Ben, aquí estamos no momento da máxima expectación, cando xa estamos todos e por riba impacientes por mover o dente. De esquerda a dereita, recoñecemos a Puertas Lema, García Vilariño, Suárez Cotelo (case non se lle ve), Pereira Castiñeiras, Dans Couto, Vázquez Pose, Fernández Barros, Sánchez Otero (Antonio), Cotelo Felpete. Faltan o fotógrafo e dous maís, que iremos vendo en próximas entregas. Desde logo este conxunto de avós benevolentes fan verdade aquilo de "Vivir na Coruña que bonito é..." (Andres GV)

APOIO A GARZÓN

Boas¡. Estes días dispoño de tempo con largueza e imos escribir algo para o blog. O pensamento de Eduardo sobre a filosofía da dor é moi positivo e ademais é unha verdade empírica e probada por experiencia nos postoperatorios. O que axuda a sentirse mellor sempre é benvido. Grazas.
Queren ir a por Garzón e non llelo podemos permitir na medida en que poidamos ou axudemos a impedilo. Ademais comparte con nós a condición de ex-seminarista. Estivo no seminario de Jaen. Plantou,como se dicía,cando tiña 17 anos. Cóntao nun libro: “Un mundo sin miedo” publicado polo Círculo de lectores no 2005: lino con gusto e decontado. Son unhas conversas que mantén coa súa filla contándolle a dureza da profesión. Os que andades pola rede podedes sumarvos e asignar os distintos manifestos de apoio,

E un home que se fixo a si mesmo. E fillo de humildes campesiños e o primeiro da familia que estudaba. Ao deixar o Seminario conta que o pasou mal temendo que lle preguntasen pola profesión dos pais. Tardou dous meses,en Sevilla, en falar con alguén. Ademais de tímido o descoñecemento dos usos sociais non lle axudou nada a integrarse na universidade. Traballou de albanel , camareiro e na gasolineira de noite para ir á clase de día e mais durmir e costearse os estudos.

Conta que aos fillos tentou inculcarlles “tolerancia,disciplina, solidaridad con el más débil, responsabilidad, respeto a la ley, convicciones democráticas y la firme creencia de que la violencia no es ninguna solución”

En Galicia,ademais, prestou valiosos servizos na loita contra o narcotráfico. Hai moita xente que fala mal del. En xeral son tópicos sen consistencia, na miña opinión, e que se repiten sen fundamento. Falo dos que teño escoitado aos operadores no mundo do dereito:xuíces, fiscais,procuradores e avogados. En realidade como levou causas contra membros de todos os partidos políticos sempre houbo moitos interesados en desprestixialo. Tenme comentado algún xuíz que admiraba a súa fortaleza de ánimo, capacidade de traballo e fonda convicción xa que, ao non estar vinculado o a ningunha asociación profesional, a única calor humana que se lle coñece é a que lle presta o persoal da oficina xudicial. Sempre firman un manifesto ao seu favor cando, como agora, ten graves problemas. A súa capacidade de traballo é inmensa e o trato co persoal primoroso e delicado segundo comentan na Audiencia Nacional.

O que pretendeu ao intentar abrir unha causa xeral contra os crimes do fascismo pode ser discutible desde o punto de vista político ou de oportunidade; pero nunca pode ser tomada como unha prevaricación:tomar unha resolución sabendo que é inxusta a todas luces. A xustiza en España configúrase no sistema coñecido como xustiza rogada. Sempre se inicia un proceso a instancias de alguén. Nunca o empeza ningún xuíz pola súa conta. Non se pode alegar que a Lei de Amnistía impide investigar os delitos porque cando teñen natureza de crimes de lesa humanidade non prescriben conforme as leis internacionais da Sociedade de Nacións,hoxe ONU,que plasmou na coñecida como Carta do Tribunal de Nuremberg en 1945.Ademais coñece moi ben o dereito internacional foi o que procesou e detivo a Pinochet e mais a un militar arxentino que recoñeceu que durante a ditadura tiraban en alta mar aos opositores mais significados. A multitude de desaparecidos na Arxentina foi grande. Neses países tamén tiñan leis de amnistía que se teñen por inexistentes cando deste tipo crimes estamos a falar.
Esperemos que o proceso ao que está sometido quede en nada e siga prestando bos servizos á xustiza que falta lle fan.

Agradézolle a Vilariño as lecturas que nos recomendou e mais o interese pola saúde. O problema das desgracias naturais que danan aos inocentes encaixa mal nas explicacións da Teoloxía. Os autores dos textos caracterízanse polo rigor e por poñerlle certa racionalidade, dentro do que humanamente se pode, ás reflexións sobre esa realidade. Xusto o que fixeron Santo Tomas e san Buenventura, nos seus tempos ao unir a Filosofía coa Teoloxía. Outros predicadores,como di Queiruga,pintan un Deus xusticeiro, infantil e produto dun pensamento máxico que nada di nin significa no mundo moderno.

Por hoxe mais nada. Memorias para todos (Na escola de idiomas,ao rematar os catro cursos, e para poder examinarte da reválida, no ano 82, tiñas que facer un traballo de campo, en equipo, sobre as modalidades dialectais do galego. Consistía en gravar dúas horas de conversación coa xente maior do lugar. Tiñan preferencia as persoas que non soubesen ler. Ao meu grupo tocoulle Fisterra. Unha velliña que entrevistamos púxonos como condición traerlle un saco de patacas para unha neta que vivía na calle da torre e darlle moitas memorias dos seus avós). Rafael

miércoles, 17 de febrero de 2010

MACEDONIA V

Problemas do disco duro
   Súmome ao grupo de amigos que se alegran pola arribada de Rafael a porto Fogar, despois da travesia polo océano de augas verdes con salpicaduras de escuma branca. Nas recuperacións é aplicable a filosofía da medalla da dor: hoxe molesta menos ca onte, pero máis ca mañá. Coidádevos!

   Coa información achegada sobre o doutor Garimet reflíctense dúas verdades:
- As fronteiras máis perigosas son as mentais. As trincheiras das ideas son máis inexpugnables cás de arames de picos.
- Os que teñen problemas co galego son normalmente os galegos que o mamaron de pequenos. Problemas do disco duro.

Factoría de soños
   A prensa do luns dá noticias sobre a fábrica de soños, onde Ágora consegue 7 Goyas; Celda 211, de produción galega, 8; e onde Luís Tosar fala en galego diante de xente tan emperifollada, só Andreu estaba emperi, sen subtítulos en castelán ou inglés.

   Na cova dos soños vimos:
- A deputados galegos afincados en Santiago que cobran dietas mensuais por máis de 1.000 quilómetros que non fan.
-Os fondos da Lotería Nacional do 25 de xullo xa non serán para o Xacobeo.
- A algún cura de Ourense, Tui-Vigo e Santiago como presuntos colaboradores-encubridores da trama corrupta de restauración de bens eclesiásticos coa empresa Da Vinci.
Da diocese de Santiago aparece a transcrición dunha conversa telefónica de don Crisanto, non o de Santo Antonio de Louredo, senón o cura de Lérez.
- Hoxe, dentro de poucos minutos, asistiremos a pactos de Estado, como os que propón Forges na súa viñeta do País.   
Supoño que son efectos especiais destes tempos de cine.

Lectura
   viaxe do elefante levoume as viaxes de Caín. José Saramago. Alfaguara. 2009.
Saramago entra nos primeiros libros da Biblia. Tras o asasinato de Abel, Caín foi expulsado do paraíso e condenado a viaxar dun presente a outro, tanto do pasado coma do futuro, para atoparse con Xob, con Noé na arca, con Moisés no Sinaí, con Isaac; para estar en Sodoma, na Torre de Babel...nunha especie de Pentateuco apócrifo.
Nun itinerario heterodoxo Caín percorre cidades decadentes e establos, palacios de tiranos e campos de batalla, guiado por protagonistas do Antigo Testamento.
Caín manifesta a capacidade de Saramago para facer nova unha historia coñecida. Este irónico e mordaz percorrido lévanos a unha guerra secular, e quizais involuntaria, entre o Creador e a súa criatura.

55 mentiras sobre a lingua galega.
O outro día citei aquí este libro colectivo de Laiovento, publicado en novembro de 2009. Hoxe podo engadir que é unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os inimigos do idioma. É un libro útil para desmontar falacias, mentiras, sofismas ou arbitrariedades que circulan sobre o galego.
   Os sofismas están recollidos de nove ámbitos:
A. Mentiras sobre a historia das linguas. 5.
B. Mentiras sobre sociedade e identidade. 12.
C. Mentiras sobre ensino e dereitos. 17.
D. Falacias na Administración. 2.
E. Falacias no mundo do comercio e a empresa. 7.
F. Mentiras sobre os medios de comunicación. 2.
G. Mentiras sobre a normativa do galego. 4.
H. Mentiras sobre a utilidade do galego. 3.
I.  Mentiras verbo da cultura. 3.

O limiar non ten desperdicio. É unha obra rigorosa pero sinxela  (77 páxinas), amena, fácil de ler e barata (5 €). Se non a mercades, estou tentado a flaxelarvos por unha tempada cun látego-resumo de 55 cordas ou mentiras.

De volta
As entradas de Senín e Andrés GV confirman que Ramón segue nas súas dúbidas metódicas e que o grupo coruñés sabe coidarse, a pesar do parte de feridos na guerra das idades.

                      Eduardo Seco

lunes, 15 de febrero de 2010

Estou de volta (Andres GV)

Estou de volta. No sentido primario da expresión, porque reaparezo neste medio despois de moito tempo sen poñer letra. E estou de volta, nesoutro sentido, de que xa non me chaman a atención situacións, accións e acontecementos que a algúns aínda os escandalizan ou desalentan ou confunden. Por iso non vos estrañedes de que non me sinta implicado nalgún dos moitos e variados temas que se comparten neste taboleiro. A título de exemplo, nestes días o noso carísimo Torres Queiruga publicou un artigo, a propósito de Haití, para axudar a comprender que as desgrazas nin as manda Deus nin pode el (aínda que "quixese") dedicarse a as atallar en conformidade coas nosas expectativas. A estas alturas da reflexión filosófica, científica e teolóxica resulta desalentador constatar que para moitas persoas a existencia da dor (o "mal") obxecta de pleno a existencia de Deus. Non creades que Andrés TQ deixa definitivamente esclarecido e resolto o problema, pero si aparta moita da ramallada que escurece a perspectiva. Vou incluír esa aportación de Andrés TQ e outra de Juan Antonio Estrada, xesuíta, como lecturas recomendables, que se apartan bastante dos camiños trillados e nos enfrontan coas nosas propias responsabilidades.
Hoxe, mirade que enredei lendo cara a atrás as aportacións de Seco, García Ramos (felizmente recuperado, anque aínda pendente de "retoques"), Senín, Puertas, Ledo. Síntome culpable de non frecuentar máis este taboleiro e por iso teño que acudir á boca pequena para pedir aos que son soamente lectores que dean o paso a escribidores. Que non fagan como fixen eu nestes meses pasados.
O día 12 pasado a ong católica Mans Unidas (son o consiliario do Comité da Coruña) facía público o seu Manifesto anual con motivo da súa LI Campaña. E nese día en moitas parroquias e grupos cristiáns faise unha acción/oración solidaria cos empobrecidos do mundo consistente na degustación dun par de culleradas de arroz branco e medio vaso de auga. Isto faise porque Mans Unidas promove o Xaxún Voluntario, isto é, que nos absteñamos de comer nese día e que o importe do aforro se ofreza para a Campaña contra a Fame. Así o bocado de arroz acaba tendo un sentido máis explícito e brillante.
Así que aí me tedes, entre a decisión de facer xaxún, con Mans Unidas, ou asistir ao xantar fraterno que convocou Vázquez Posse para os colegas da Coruña e que formalizou Pereira Castiñeiras. Xuntámonos para dar boa conta do lacón con grelos Juan Sanlés, Dans Couto, Felpete, Dios Vigo, Vázquez Pose, Suárez Cotelo, Pereira Castiñeiras, Sánchez Otero, Fernández Barros, Puertas Lema, Cotelo Felpete e mais eu. Doce en total, número simbólico da totalidade. Naquela mesa, e non soamente na nosa mente ou na imaxinación, estabamos todos os compañeiros. Alí compartimos algunhas novas: a operación cirúrxica de Garcia Ramos, a lesión de Rial Varela nunha perna (que parece ten menos importancia da que alí lle demos), e xusto ese día Gómez Verdía foi ingresado no Hospital da Coruña para ser sometido a un cateterismo e evitar así un inminente e perigoso infarto. Máis información: o noso compañeiro Lago González recibiu de mans do arcebispo a Unción dos Enfermos nun solemne acto na catedral, acompañado por un bo grupo de fregueses de Abalo e Dimo. Foi o día 11, Xornada (eclesial) Mundial do Enfermo, no contexto dunha peregrinación de enfermos de toda Galicia a Santiago, celebración organizada polas delegacións dicoesanas de Pastoral da Saúde. Carlos está moi mermado na súa mobilidade, anque segue activo e á fronte das dúas parroquias citadas.
Ben, por hoxe chega.
Andres GV

¿Está Dios en Haití? JUAN A. ESTRADA (23.01.2010) Aportado por Andres GV

DESDE la perspectiva científica el terremoto tiene una doble explicación. Por un lado, una zona sísmica, siempre amenazada por terremotos y maremotos, que se suceden con frecuencia. Por otra, que se ha practicado una deforestación masiva del país, que contrasta con la superficie de la República Dominicana, la otra parte de la isla. Además se ha dado una sobreexplotación del suelo, un agotamiento de los recursos naturales, en parte por empresas que han sido pan para hoy y hambre para mañana, y una fuerte explosión demográfica bajo gobiernos corruptos y dictatoriales, como los Duvalier, cuyo heredero se gasta hoy su fortuna en Francia. Cuando el terremoto llegó casi todo se vino abajo, incluido el centro histórico y las instalaciones estatales. Pero el barrio rico y moderno de Pétion Ville, en Puerto Príncipe, apenas ha sufrido daños. Es una isla segura, sólida y bien librada del azote natural.
La conclusión es evidente: con otra política y gobierno, otra distribución de la riqueza y otro tipo de construcciones se hubiera amortiguado mucho la violencia de la naturaleza en el país más pobre de América. Antes que preguntarse por Dios, ¿por qué permite esto?, hay que preguntar al hombre ¿cómo consentimos que tantos seres humanos vivan en la miseria, indefensos ante la naturaleza? La tragedia de Haití sigue al tsunami de Indonesia y vendrán muchos más, porque tres cuartas partes de la humanidad viven en la pobreza, sin medios para controlar la naturaleza. Tenemos los recursos técnicos y materiales para reducir al mínimo estos desastres, pero la distribución internacional de la riqueza los invalida.
¿Y dónde está Dios? Seguimos esperando milagros divinos que cambien el curso de la naturaleza; apelamos a la Providencia para que intervenga en las catástrofes naturales; rezamos y pedimos prodigios y señales. Y Dios guarda silencio y no actúa como esperamos. No aprendemos de la historia. No paró la cruz en el Gólgota; no intervino para evitar Auschwitz; no es el Dios relojero de Newton, que ajusta el reloj natural de vez en cuando; no modifica las leyes de la creación, descubiertas por la ciencia. El hombre y el universo son obra de un creador que respeta la libertad humana y el dinamismo de la naturaleza. Si buscamos al Dios milagrero, siempre a la escucha de los deseos del hombre, busquémoslo en otra religión, no en la del Dios crucificado. Es inconcebible que los cristianos sigamos esperando intervenciones prodigiosas, como en tiempos de Jesús, sin asumir la mayoría de edad del hombre y la autonomía del universo, cuyas leyes conocemos mejor y cada vez más.
En cambio, encontraremos a Dios, si lo buscamos identificándose con las víctimas y llamando a los hombres de buena voluntad a la solidaridad y la justicia; si esperamos que Dios nos inquiete, nos provoque y nos llame a colaborar de mil maneras para mitigar el dolor en Haití; si creemos que Dios no es neutral y que el contraste entre el gran mundo pobre y la minoría de países ricos clama al cielo. Hay que ayudar a Dios para que se haga presente en Haití, porque necesita de los hombres para que llegue ahí el progreso y la justicia. Los muertos y refugiados de la catástrofe tienen hambre de justicia, la de las bienaventuranzas, y Dios necesita testigos suyos para hacerse presente.
Nadie puede hablar en nombre de las víctimas sin experimentar sus sufrimientos ni padecer su forma de vida, sólo hacernos presentes a ellos. El protagonismo corresponde al ser humano: Dios es autor de la historia, en cuanto inspira, motiva y envía para la solidaridad y la justicia. El Dios cristiano no es la divinidad griega que siente celos del hombre y castiga a Prometeo, sino el que se enorgullece de la capacidad para generar vida con la ciencia y el progreso, sólo exigiendo que los recursos naturales se pongan al servicio de todos. Hay que actuar como "si Dios no existiera" y todo dependiera de nosotros, universalizar la solidaridad y cambiar las estructuras internacionales que condenan a pueblos enteros a la miseria. Desde ahí podemos esperarlo todo de Dios y pedirle que fortalezca, inspire y motive a los que luchan por un mundo más justo y solidario.
Dentro de pocos meses Haití será un mero recuerdo, excepto para los que siguen allí, y los habremos olvidado, como a Indonesia o las hambrunas del África subsahariana. La gran tragedia del siglo XXI es la de una humanidad que tiene recursos para acabar con el hambre y mitigar las catástrofes naturales, pero prefiere emplearlos en armamento, para defenderse de los pobres; en policías, para evitar que lleguen a nuestras islas de riqueza y en los despilfarros consumistas de una minoría de países. Del mal de Haití somos todos responsables y la solidaridad no puede quedarse en el acontecimiento puntual, aunque sea necesaria, sino que exige otra forma de vida.

Dios en Haiti. Artigo de Andrés Torres Queiruga. Aportado por Andres GV

(Publicado en Religion Digital, 12/02/2010)

-La catástrofe ha sido terrible: como un mazazo en la conciencia del mundo, ya castigado por la crisis económica. Por fortuna, la reacción ha sido casi sorprendentemente buena. Se ha producido una especie de salto cualitativo en la solidaridad mundial, tanto en los individuos como sobre todo en los estados que, como nunca antes, comprendieron la necesidad, en estricta de justicia, de unirse para reconstruir un país destrozado y, antes, esquilmado (¿lo cumplirán?).
También la teología, en la casi totalidad de los artículos publicados, supo apuntar a algo fundamental: no remitir el problema a Dios centrándose en la catástrofe natural, sino insistir en nuestra responsabilidad humana, en el hecho de que, por nuestra culpa, los males causados hayan afectado ante todo y sobre todo a los pobres. Ellos han sufrido y sufren mayoritariamente las peores y más dolorosas consecuencias.
Lo que se espera no es, pues, el puro lamento o la simple compasión, sino la ayuda efectiva y la presión política.
Como es natural, personalmente también sentí deseos de escribir algo, pues al problema del mal he dedicado una parte importante de mi reflexión y un buen puñado de trabajos. Por fortuna, el hecho de estar acabando un libro al respecto, y sobre todo la reacción tan positiva que se percibía por todas partes hicieron que me conformase con ver y saborear el claro avance que se ha producido en las reacciones. A pesar de todo, no me abandonaba mi vieja sospecha de que algo faltaba.
Todo eso es verdad, pero el terremoto no lo hemos producido nosotros, y sin él el problema habría desaparecido de raíz: ¿por qué Dios no lo ha evitado? Latet anguis in herba, pensaba, "la víbora sigue oculta entre la hierba".
"Misterio", acaban respondiendo en general los artículos. Pero ¿misterio por qué? ¿Misterio real o contradicción producida por nuestras ideas y presupuestos? Miles de hombres y mujeres estuvieron en Haití, renunciando al sueño y exponiendo la vida por ayudar a las víctimas. Si en su mano estuviera la posibilidad de evitar previamente el terremoto, ¿habría siquiera uno solo que dejase de hacerlo?
Sin embargo, demasiados creyentes y teólogos siguen dando por supuesto que Dios sí podría, pero que no lo hace; pero, siendo omnipotente, eso, en definitiva, significa que no quiere. Otros, menos, se atreven a decir que no puede; pero entonces ¿qué "dios" es ese, y quien podrá darnos esperanza?
Epicuro lo había preguntado hace ya muchos siglos. Y, como era de esperar, la víbora levantó la cabeza. Martín Caparrós, en El País 07/02/2010, sin aludir al famoso dilema -tal vez sin conocerlo siquiera- y refiriéndose primero al terremoto de Lisboa (1755), afirma con toda crudeza: "La existencia -la insistencia- del mal hacía que ese dios fuera un ineficiente o un vicioso: o lo hacía a voluntad y era el mayor canalla, o no podía evitarlo y era un perfecto inútil".
Y después, dando un salto, se ensaña hablando de Haití: "Así que, a pesar del mal despendolado -a pesar de terremotos y de hambrunas, matanzas y tsunamis-, millones siguen arrodillándose ante un dios que lo hace o lo permite. Y, para más inri, lo proclaman; no deja de extrañarme. Si yo creyera que ese dios existe -si creyera que en algún lugar del infinito pulula un ente todopoderoso que no usa su todopoder para impedir estos desastres-, si yo creyera que hay un dios tan hijo de puta como para matar de un golpe a cien mil muertos de hambre, y si ese dios fuera mi dios, mi amo, intentaría protegerlo: me pasaría la vida negándolo, diciendo a todo el mundo que no hay tal cosa, que cómo se le ocurre, ¿dios?, ¿un dios?, ¿eso qué significa? Frente a desgracias como ésta, el verdadero creyente no tiene más remedio que fingirse ateo -y, quizá, viceversa. Así que hay que dudar de casi todo, como siempre".
He dudado en reproducir un texto tan abrupto. Quiero pensar que al escribir dios con minúscula y poner el condicional -"si yo creyera que ese dios existe"- está atacando un ídolo. En todo caso, lo afirmo yo. Y, no sin lamentar esas expresiones que pueden herir tan brutalmente la fe de los creyentes, quiero tomarlas como un serio y urgente aviso para la teología.
Lo he repetido muchas veces: es preciso deshacer con rigor crítico el dilema de Epicuro, descubriendo su trampa y mostrando su falsedad. En tiempos de religiosidad común y compartida, la fe en Dios podía sostenerse apoyándose en una confianza radical que era capaz de desafiar la lógica, porque presentía que ésta tenía que cojear por algún punto. Eso ya no es posible en nuestra "era crítica".
Debemos reconocerlo, si no por honestidad intelectual, al menos porque nos lo reprochan con argumentos contundentes: creer en un "dios" que, pudiendo, no quisiera acabar con el mal del mundo o que, queriendo, no pudiese, resulta hoy sencillamente imposible.
Por fortuna, la misma agudeza crítica de la modernidad abre el camino de la respuesta. La autonomía de las leyes que rigen el funcionamiento del mundo y las inevitables contradicciones de la finitud, hacen que el concepto (no la fantasía) de un mundo sin mal sea tan contradictoria como un círculo-cuadrado. El dilema de Epicuro tiene trampa: sustitúyase mundo-sin-mal por círculo-cuadrado y hágase la prueba; o pregúntese, como a veces hago en mis explicaciones, si Dios puede o no puede dividir el aula en tres-mitades.
No es, pues, que Dios "no quiera" o "no pueda", sino que simplemente la pregunta carece de sentido. Dios quiere el bien, únicamente el bien, para el bien y la felicidad nos crea.
Hablemos humanamente: podría no haber creado el mundo, y sabe que, si lo crea, tendrá que ser finito (si no, se crearía a sí mismo). En consecuencia, la imperfección, la carencia, el conflicto -el mal- lo acompañarán como una sombra terrible.
Pero la experiencia religiosa más profunda ha intuido siempre que si Dios ha creado, es porque valía la pena; que Él, como Anti-mal de amor infinito, acompaña y sostiene nuestra aventura, convocándonos a colaborar con Él en el trabajo del amor y la justicia; y siempre, asegurando el sentido y abriendo la esperanza.
Contra lo que en la superficie puede parecer, nada menos "moderno" que deducir el ateísmo de la existencia del mal en el mundo. Sería desconocer la autonomía de sus leyes y la dignidad de nuestra libertad. La tontería del telepredicador Pat Robertson, aclarando que el terremoto de Haití que no tiene nada que ver con las placas tectónicas, porque es un castigo divino, ha hecho un gran favor a la inteligencia.
En el mismo periódico Galeano lo recuerda y Jared Diamond avisa -permítaseme recordarlo para que el humor dulcifique un poco el horror- que "cuando el teleevangelista Pat Robertson dice que la ira de Dios ha caído sobre ellos se olvida que es la misma que cae sobre Italia, EEUU o Japón, la misma ira que debería caer sobre él por ser tan estúpido". Y, mantengamos el tono, también sobre nosotros, si seguimos manteniendo teologías que dan pie a tanto malentendido.

domingo, 14 de febrero de 2010

MOI AGRADECIDO


As boas vibracións que me transmitiu Eduardo,pese a que eu as ignorase, con pregaria incluída, foron de máxima eficacia para que con vento mariño de popa ,moi navegador, arribase ao porto do fogar na tarde do Venres. A poesía de Antonio tamén remou a favor. Moitas grazas .As musas inspiran á boa xente. E ti es parte dese conxunto evidentemente. Desexo que cando ti visites a casa da saúde teñas tamén a mesma boa sorte.

Hoxe Domingo xa me atrevín a poñerme diante do computador. Teño moi dorida aínda a “salva sea la parte”. Por iso vai ser breve a carreira de hoxe. Tempo de sobra teremos no futuro. O trato que me dispensaron, todo o persoal sanitario, foi excelente. Ademais duns fíos que me incrustaron nunha nádega aproveitaron para extirparme uns falsos pólipos e mais unhas almorrás. Tres en un como os produtos dietéticos. Unha hora de quirófano e o médico árabe confesoume e demostrou que xa sabía falar o galego con bastante perfección..O primeiro que aprendeu a dicir foi:: andar de carallada. Por hoxe mais nada. Saúdos a todos sobre todo a Ramón Senín que andaba perdido e volveu ao curro literario. Durante a semana teclearei algunha cousa mais. Gracias a todos os que a través de outros medios vos interesastes pola miña saúde que irei recuperando con todas as axudas que me prestan. Rafael

SAN VALENTÍN E SANTA ÁGAPE

San Valentín
Corren ríos de mensaxes comerciais e de lendas sobre san Valentín para reforzar o título de patrón dos namorados.
   A historia de san Valentín no Martiroloxio romano non ofrece nin un cravo para pendurar a percha do traxe de celestino, agás o amor que se lle supón a todo santo.
   - Díxose de Valentín que casaba parellas contra a vontade do emperador Claudio II, que non quería soldados comprometidos co amor, pois pensaba que iso mermaba o rendemento bélico.
   - Díxose que foi un santo elixido ao chou para cristianizar os ritos e costumes de Baco, Cupido e Fauno, este último en plenas festas lupercais o 15 de febreiro. As festas lupercais orixinaron o nome Lupercius, en grego Licurgo e en galego Lupercio (< lat. lupum "lobo" e arceo "escorrento"). No mundo rural entre xaneiro e febreiro os gandeiros levaban con estrondo os lobos cara a un ángulo formado por longuísimos muros que tiñan no vértice un foxo, onde os mataban. 
Na antiga Roma os sacerdotes lupercos celebraban a festa o 15 de febreiro sacrificando cabras e cans para amansar o lobo. Lembremos que a loba nutricia está nas orixes sagradas de Roma. Os sacerdotes, case nus, zorregábanlle despois á xente cunha xostra e acababa a cerimonia en carnavalada.
Chegados os cristiáns ao poder, substituíron a festa pola Candeloria.
Na Gallaecia do século  VI está documentado o culto a Lupercio (30 de outubro).
   - Díxose que o 14f os romanos celebraban os sorteos de parellas ou de namorados durante o ano. E que o papa Gelasius inventou o sorteo dos santos, de xeito que en vez de tocarche un mozo ou moza, tocábache un santo ou santa que debías imitar. E foi Valentín o do día do sorteo.
   - A san Valentín tamén se recorre en casos de epilepsia e partos. 

   Desde 1969 xeneralizouse o 14f como a festa dos namorados. En Galicia, san Valentín é titular só da parroquia de Fene e non era popular ata as campañas publicitarias consumistas. Ao santo refírense refráns sobre a primavera e as troitas, pero non sobre o amor, que en Galicia está baixo a protección das virxes, de santo Antonio, de santo André e de san Ramón Nonato.

Santa Ágape de Antioquía
   Falando de amor, mañá, 15, celébrase a festa de santa Ágape, martirizada en Tesalónica xunto con dúas irmás.
   A Ágape galega é unha misteriosa muller que influíu na Gallaecia do século IV,
    Dise que foi compañeira de Elpido e que ambos os dous introduciron a Prisciliano nas doutrinas gnósticas de Marcos o Exipcio.
A lenda di que Ágape e Elpido son os pseudónimos de Eucrocia e Elpidio, orixinados a partir de dúas virtudes teologais: esperanza (Elpis) e caridade (Ágape).
   O termo ágape aparece citado na Biblia unhas 1.800 veces e está perpetuado hoxe en miles de asociacións de todo o mundo.
   Era un tempo en que moitas persoas trataban de conciliar a mensaxe cristiá coas doutrinas tradicionais sobre a interpretación  da natureza e filosofía. A igrexa de san Pablo tratou como herexía o que non era pura ortodoxia e foron perseguidos personaxes que defendían ideas aparentemente tan ortodoxas como a caridade, o amor, a pobreza, a abstinencia da carne e as vixilias. Prisciliano, decapitado en Tréveris por herexe, é un exemplo.
   Deste tempo é a seita dos Quase-abstinentes, de certa acollida en Gallaecia. Defendían que o mundo, o alimento e o matrimonio eran obras do demo. Por tanto, había que absterse de todo o que non fose imprescindible para seguir vivindo. E con isto xa entramos, digo eu, no espírito da Coresma.
   Se nos falta o amor, nada somos. Sigamos, pois, en-amor-ados e abusemos da festa, que non ten secuelas para a tensión arterial, o colesterol, a glucosa nin para o ácido úrico. Só pode afectar negativamente á carteira, pero sabemos a receita: encomendarse á Virxe do Puño, de tantos devotos nestes tempos.
                   Eduardo Seco.

sábado, 13 de febrero de 2010

ETNOGRAFÍA ESPIRITUAL 1. O ENTROIDO

Percepción do tempo
   O galego ten unha vivencia especial do tempo, do tempo campesiño marcado polo ciclo anual da serpe, un ciclo anual que posibilita a continuidade da natureza, que une o tempo e a eternidade e conforma un "continuo feito de descontinuo", marcado polo tempo cualitativo: o tempo das patacas, o do millo  ou o da matanza do porco.
  
   O ciclo anual está dividido en dúas metades, a que vai de outubro a finais de abril e a que se estende de maio a setembro. A primeira metade está dominada polas referencias ao porco, animal oculto na casa e coidado polas mulleres, encerradas na casa. Son mitos nesta metade o magosto ou festa das castañas (1/11 de novembro), o Santo Antón Abade (17 de xaneiro) e o Entroido. A serpe tamén hiberna, está oculta neste período.

   A segunda etapa do ciclo fai referencia ao mundo visible, é tempo de colleitas; homes e mulleres van ao campo. Tempos fortes desta metade son San Pedro Mártir (29 de abril), San Xoán (24 de xuño) e San Miguel 29 de setembro). A serpe sae á superficie e pode ser perigosa. É posible que a serpe sexa a dona do tempo dos galegos. 

   O tempo está marcado por traballos significativos relacionados coas colleitas e por festividades do calendario relixioso. Unhas e outras teñen antecedentes antiquísimos. Os traballos no campo e os cambios estacionais seguen marcando no mundo rural os tempos cualitativos. E os antigos cultos pagáns foron orientados polo cristianismo cara a outros deuses / santos en vez de seren combatidos directamente. Así evitaban os rectores cristiáns enfrontarse ao ancestral sentimento relixioso fortemente arraigado nas xentes.
O final das colleitas asóciase co outono e coa festa de San Miguel e o solsticio de inverno co ciclo de Nadal.
A explosión da primavera relaciónase coa resurrección de Cristo, precedida da Semana Santa e da Coresma; a festividadde de San Xoán coincide co comezo do verán.

Tempos fortes
   Tres festas importantes representan tempos fortes do primeiro ciclo anual:
- San Martiño.
- Santo Antón Abade.
- O entroido.

O Entroido
   É unha celebración de moita tradición. O domingo de septuaxésima ou domingo fareleiro a xente bota fariña ou farelo aos que encontra polos camiños. En sitios tamén se lanza auga cunha especie de xiringa e outros procuran tisnar con carbón de leña a cara dos veciños.
   O xoves seguinte é o de compadres porque estes se convidan a comer.
   O domingo de sesaxésima ou corredoiro celébrase a carreira do galo, desenvolvida en Galicia con fórmulas diferentes.
   O xoves seguinte ou de comadres, estas convídanse a comer.
   O día forte é o domingo de quincuaxésima ou de Entroido, que abre paso á semana grande. Os disfraces adoptan formas moi vistosas e características de determinadas localidades ou comarcas. Os disfraces, individualmente ou en comparsa, saen tamén o luns e o martes de Entroido.
   Faceta importante da celebración son as comidas típicas, a base de carne de porco, e as sobremesas. Entre as comidas destaca o cocido e o lacón con grelos; as raíñas das sobremesas son as filloas, as orellas, as follas de limón e as flores.
   O mércores seguinte séguese celebrando co  enterro simbólico dalgún animal: sardiña, loro, cabra, galo... para despedir a etapa de festa e facer crítica festiva. Aínda que no calendario litúrxico católico o mércores é xa o primeiro día da coresma, en moitos sitios séguense prolongando as celebracións festivas ata o domingo seguinte ou de piñata.
   O calendario lunar quixo que este ano coincidan o Entroido e a festividade de San Valentín. Usade do primeiro con moito sentidiño, queridos mozos. Da segunda... falarei mañá.
                    
                Eduardo

P.D.: Sopra forte o vento nas velas do mariñeiro de Cabo da Crus? Rafael, informa cando poidas.

                 

jueves, 11 de febrero de 2010

Discrepancias-2010 (R.Senin)




Saude! amigos quinta do 57: Vou intentar paresticar breve para non aburrir, porque vexo o blog algo demoralizado en canto a participantes.



Idesme a permitir unha alusión personal: eu por circunstancias academicas da época tiven que faer no seu momento as duas revalidas do bacherelato plan-57: a de 4º(só tina 5º aprobado,e daquela convalidaban sempre un curso menos do que tinas terminado, pero si o curso tina revalida tiñas que faela) e a de 6º porque si-Carlos Casares Mouriño (Xinzo de Limia 1941/Nigrán 2002) por esto das convalidacións atrasou dous anos, e iso que foi por letras a era un alumno brillante dentro e fora do Seminario. Nas probas solía haber en cada matéria 2 problemas/temas de 3-4 cuestións.Era frecuente nestas últimas encontrar a interpelación seguinte: “razona tu respuesta“ “no te limites a decir si o no” “justifica tu contestación”,”pon un ejemplo” etc.etc, por conseguinte (diria D Manuel Calvo Tojo) a ver si algún me pode decir razoando brevemente a resposta, as seguintes cuestións:



¿Cales son os méritos, acorde co Vaticano II (como di Rafael) dos dous últimos Bispos Donostiarras (San Sebastián) para pasar a historia da Igrexa Católica como exemplares?

Unha parte non pequena dos fieis pensa que, sobre todo o penúltimo (foi invitado póla Superioridade a pasar a “reserva” antes de cumplir a idade aconsellabel) contribueu a profundizar a brecha entre ofensores e ofendidos, entre verdugos e victimas, entre xente de boa fé e outra de menos boa.......

¿ é mérito ocultar terroristas na sacristía ou na casa rectoral?- -arcipreste Treviño-

¿é mérito recomendar “soto voce” non celebrar funerais pólas victimas do terrorismo? ¿ou por pegas?

¿é mérito ter no seu “HABER” o título de que ETA naceu e se alimentaou nos seus seminarios?

Todo esto chámase incardinarse e encarnarse no seu pobo?

Calquer obra boa (que seguramente as teñen) que se faga paralelamente a estos interrogantes poderaselle aplicar vários preceptos evanxélicos dos que non son desconocedores os Bispos precisamente.





Caso Munilla :



Contan as cronicas de “illo tempore” que o noso eminentísimo historiador compostelá e coéngo D Antonio Lopez Ferreiro, nas suas discrepancias có arzebispo da época , chegou en persoa a Roma a presentar os seus agravios ó Pontífice(Leon XIII,quizá). Este despois de escoitalo díxolle: “vuelva usted a su tierra, humillese ante el Arzobispo y haga ejercicios (espirituales).- Aviso a navegantes.



Un manifesto por escrito, publicado nos medios, premeditado, con diurnidade e alevosia, e con suficiente antelación, contra a designación dun Bispo lexitimamente nombrado, aunque todo hay que decilo, cuidadosamente preparado en tempo e forma para o lugar e para causa (ad hoc) eso (amigo Eduardo) no é unha discrepancia (nin simple nin composta) e lisa e llanamente un delito e un déficit de virtudes-especialmente caridade- que os que tendes instrucción en cánones e teoloxia, saberedes calificar moi ben, e por suposto quen corresponda.

O que pasa e que hay que andar cos tempos e non está o forno para bolos. Claro que como din en Setecoros e en Cabo de Crus (20Km en distancia reducida) “non hay peja sin marcha nejra” e pensan do designado (Xa titular):



¿para que foi estudar a Toledo da man dun clásico coma o arzebispo da época? Podendo faer practicamente o mesmo na sua terra?



¿para que tiña as listas no seu ordenador con detalles confidenciais e tendenciosos do clero da diocése?



¿porque iba bastante por libre e o seu aire cando estivo de párroco (19 anos) donde ahora está de Bispo?.



Esa pode ser a “mancha nejra” ou o pecado orixinal do Monseñor, pero o manifiesto foi un escandalo monumental, un pésimo exemplo e uma descalificación profesional total dos seus firmantes, aunque sexan maioria en termos parlamentarios.Comentando esto cun amigo dixome de coña, que os de Lefreve o lado dos de Donosti había que beatificalos.Outro que escoitaba respondeu espontaneamente:nesa dirección vai o Papa Benedicto.



Está moi ben o que decides dos cristians dos S II e IV e dos Bispos daquela época e do 1º Milênio, pero un lego preguntaría:



¿cal foi o estado da igrexa o final do milênio?

¿acordadesvos dos Papas que houbo no s X e como foron?



Teño entendido (oinllo a un ilustre profesor da USC, natural de Forçarei) que probablemente Santiago non existiria, si non fose a invasión musulmana (711).........logo ¿cal era o estado da cuestión?



“Nunca a igrexa católica en España experimentou un cambio e sufreu unha adaptación tal os tempos como a realizada nos últimos 30 anos do S XX” (V.Cárcel Ortí,Hª de la Iglesia Católica en la España contemporânea) mais ou menos – cito de memória-.



Que pasaría:



¿si lle preguntan os soldados que xeneral querian para dirixir a batalla?

¿si lle preguntaran os alumnos que profesor para explicarlle as matemáticas?

¿en que lingua queren que lles den a Filosofía?



- Contan as “malas linguas” que os republicanos na GC de cando en vez, antes de entrar en combate iban a votos, a ver si entraban ou non…..así lles foi.-

- -Xa vedes o que está pasando, cunha cuestión ben simple (¿) como é o bilingüismo na nosa terra.-

- Alguén me dixo ou lein (quizás) que dunha vez tocoulle a M.I.Sr Dr Manuel Capón a lección maxistral na inauguración do curso en S. Martino Pinario, o tema era: “Las vias Tomistas”.Tanto entusiasmo e fervor puxo o “magister” (era profesor de oratoria) na disertación, que aquilo parecia o mais importante da Teoloxia, e o cardeal Quiroga, que presidia, o final despois de felicitalo no protocolo, viuse obrigado a aclarar que estaba magnífica a “expositio” pero que só era un médio para, non um fin en si mesmo, e que os ointes tiveran esto moi en conta.-(outro aviso a navegantes)



“ O sacerdocio ocupa a penúltima posición(social) detrás dos militares de carreira”.



Magnífico. E sinal de que vamos por bo camiño. A min tocame no farrapo pólas duas bandas, afectivamente. Outro ilustre profesor de Filosofía recén prexubilado aqui en Pontevedra, aseguroume nunha conversa distendida de paseo póla alameda, que os curas e os militares non debían existir e ainda me dixo mais: a relixión e a guerra son un invento sinistro do home.

Eu que o repeto e admiroo moito contesteille que seguramente, pero mais adiante dixenlle que igual era como cas mulleres: que con elas mal pero sin elas peor, e deulle a risa.



Amigo Fernando Ledo: a historia de España,(como outras) é traxicómica e , desde logo, pendular. Ti sabes mellor ca mín que alguén dixo: em Espana ou andamos detrás dos curas com velas encendidas ou com paus. E así foi bem recentemente. A nosa xeración viveu os dous extremos da elongación do péndulo: desde o nacional catolicismo 1940-50 500 seminaristas, a situación actual laicismo ….27 seminaristas.



A igrexa e os exércitos durante o franquismo estiveron donde non deberon (non pudieron facelo doutra maneira) e agora tocalle estar no outro extremo e pagar as consecuencias: humillacións, desprestixio, acusacións ( as veces fundadas), falta de consideración, etc.etc. Quen manda, en xeral, é a economía: tempo de crise, fame, falta de traballo: aumentan as vocacións e os militares. Tempos de prosperidade, riqueza, empleo etc etc..disminuen. A ley do péndulo.

Os exércitos nos seus principios nutrianse fundamentalmente, do detrictus social (clases baixas e tropa) e da aristocracia (mandos superiores). Hoxe mais ou menos, case igual..Penso que a Igrexa tamen moi parecido:clero baixo e sobre todo relixiosos e mosteiros, proceden do rural, traballadores humildes etc..Xerarquía e clero mais cualificado(salvo excepcións que as hay) clases mais altas, economica e culturalmente.

Cando Monseñor Arauxo Iglesias era Bispo en activo (1970-85) era o único Bispo da época fillo de labregos, os demais tiñan todos orixes diversos pero non de labradio. Ainda así él non era fillo dun labrador o uso, senon que a sua nai traballaba de labrega, pero na casa do seu tio que era cura de parroquia e o pai estivo na emigración durante un tempo.



Monseñor Camino:



-Verde en moral católica.

- Verde en canonico.

- Verde en lóxica.

- etc



Seguramente..Pero se non é moito pedir e non atenta contra outros princípios fundamentais, eu agradecería que se puxeran exemplos e se razoara a resposta, como nas revalidas que citei o principio (mais ou menos), e non digo esto por marear a perdiz ou meter a Rafael e Eduardo nun brete (sobranlle recursos). Casi estou seguro que tanto Monseñor como o seu xefe actúan de boa fé, pero se esa fé e discutible, fágase abertamente e de modo e maneira que a entendan os menos documentados.

Unha vez nunha tertúlia de amigos (perdoade) e despois dunha argumentación algo académica un deles dixo: “ esto é así e o que queira saber mais que vaya a universidade”. Ó que estaba enfrente,caeulle tan mal aquilo, púxose en pe e respostoulle: “ Si te pos de esa maneira o mello que che podo decir e que vaias o carallo.”. Estou seguro que no blog da quinta -57 non se darán estes casos..



Só me queda encomendarme a clemencia e benignidade dos que poidan ler esto e queiran reponder e aceptar por anticipado a penitencia imposta.



Saúde , adeus







PD: Despois de mandar esto a imprenta, recibo comunicados de Eduardo que xá me contestan em parte e desmontan algo do interrogado.Pero non todo

miércoles, 10 de febrero de 2010

SAÚDE E VENTO NAS VELAS

   Querido Rafael:
   Sei que es forte e te superas nos momentos delicados. Eu non tería azos para escribir no blog o mesmo día do ingreso no CHUAC. Teño observado que os sufridores de doenzas crónicas metabolizan as molestias relativamente ben.
   Estarei moi pendente de ver no blog cando nos envías boas novas. Mentres, envíoche todas as miñas enerxías positivas e pedirei polo éxito da intervención e da recuperación.
   Nestes días de ausencia, a criatura vai preguntar por ti. Darémoslle algunha disculpa mentres non volvas.
   Onte vin Invictus. Ti es tamén o capitan da túa alma, como di o protagonista.
   Saúde e vento nas velas, Rafael! 

                        Eduardo Seco

martes, 9 de febrero de 2010

PERDON

...Perdón,perdón...dixen Andrés, cando me refería a RAFAEL...a miña testa xa non ten amaño...
A.Puertas

MIS POESIAS

Eu non sei, amigo ANDRES, si esta poesía chega a tempo de que a leas,antes de ingresar.Apurei o máis que puden para adicarcha a tí.Tamén eu teño que pasar polo coitelo alá pa finais de ano,se Dios quer,...nada importante parece ser,pero,de paso que quitan algo, vonlle a decir o médico que aprobeite e me saque algún aniño,de paso...Vai por tí


MI SANGRE

La sangre de mi piel se evapora
por poros del alma atormentada
y el cielo, sin barreras,la transforma
en rocío de las noches claras..

El cosmos suspira en silencio
por las noches estrelladas,
cuando los luceros velan
y anegan mis ventanas.

Gotas color de nácar,
finas, en mi noche opaca,
copulando desde el cielo
hasta despertar el alba...

Metamorfosis de las penas,
con luces de cielo-plata,
que preñan el campo en flor
en las noches estrelladas.

Antonio Puertas

(Entre paréntese)


Hoxe teño que ingresar no CHUAC e prestarlles o corpo aos galenos para que fagan, o que eles chaman, unha intervención cirúrxica. Avisáronme onte e hoxe as 5 hai que incorporarse O que a realiza, Dr. Garimet, é árabe. Non é preciso manifestar que son partidario do entendemento entre todos e dunha posible alianza de civilizacións, pero no suposto de quen non o fora, nun caso como este,acolleríame a unha “metanoia”puntual para pasar este apuro. Estarei ausente deste taboleiro. A cousa non é grave. E un trámite das enfermidades crónicas que obriga a facer algún remendado de vez en cando.

Cando regrese espero ler o que os mais asiduos deixastes no encerado. A criatura,como a chama Eduardo, vai cumprir os 9 meses. Cando teña que ir a revisión anual farémoslle un exame a fondo para ver os axustes que precise. Un saúdo para todos e deica a próxima que espero que non tarde moito. Rafael

SEMPRE POSITIVO

Blogueiros que resisten
   "Os martes escribe no blog, aínda que non embarques". E seguindo este refrán non tan preguiceiro, saúdos para Fernando, Antonio e Rafael, os últimos de Filipinas. Pensando e actuando en positivo, poderiamos pasar da teoloxía práctica á grafoloxía práctica, pois a través do blog:
- Compartimos ideas, que son un valor.
- Beneficiámonos da opinión dos outros.
- Obrigámonos a pensar e a expoñer os temas que nos ocupan en cada momento.
- Renovamos amizades esquecidas na nebulosa de 40-50 anos. O reencontro con Antonio Puertas, Antonio Sánchez e Andrés L. Amboage, dos que non tiñamos noticia, son gratificantes.

   Somos quen de percorrer Galicia de sur a norte ou de norte a sur o terceiro domingo de setembro 45 mozos-vellos mal axudados e, nembargantes, somos tan poucos os que viaxamos pola autoestrada virtual e nos encontramos sen sair da casa. Acórdome dos que fixeron entrada e mutis polo foro, dos que prometeron entrar e non entraron e dos que practican ausencias notables.
   Madurar é dubidar e relativizar. Como todos pasamos dos 60, tampouco é para dramatizar. As circunstancias de cadaquén son privativas e mandan.

Acaparadores da mensaxe. Propietarios exclusivos?
   Considero positiva a lectura laica que fixo X. L. R. Zapatero do Deuteronomio, 24,14-15, no Almorzo de Oración de USA. Son moi acaídos os versículos para a actualidade xornalística, como os seguintes que non leu:
"Non torcerás o dereito do estranxeiro, nin do orfo, nin tomarás en prenda o vestido  da viúva. Acórdate de que fuches escravo no país de Ëxipto e de que Iahvé, o teu Deus, te rescatou de alí". Deuteron. 24,17-18.
Se cambiamos escravitude por emigración e Exipto por países americanos e europeos receptores de inmigrantes españois,  o texto conecta co noso pasado recente.  
A visita do Presidente e a lectura da Biblia sentou moi mal nalgúns sectores que se declaran defensores do catolicismo. Parecen os únicos usuarios lexítimos da Biblia,  como se a tivesen comprada en exclusiva.
   A cultura das civilizacións e o intento de reducir as abismais diferenzas entre o Primeiro e o Terceiro Mundo son valores moi cristiáns.
   Pensar en positivo é necesario, pero habería que facer chegar o descontento dos peóns aos enxeñeiros que dirixen a obra e algunha vez ofenden a intelixencia. Ignoro a fórmula e dubido.

Conexión Tubinga.
   Volvo sobre o libro finalista do premio Xerais de novela 2008. É a primeira novela de Alberto Canal, nado en Ourense en 1967.
O padre Amador (rector) prohibiu a lectura do libro Existe Deus?, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense. É unha obra que pretende demostrar racionalmente a existencia de Deus.
Cales son os motivos da prohibición?
Tito Besteiro, un seminarista teólogo e admirador de Nietzsche, intenta desentrañar os motivos da prohibición, percorrendo o intrigante camiño que o levará á cidade alemá de Tubinga, onde perdura a historia do tradicional enfrontamento entre a igrexa tradicional de Ratzinger e a vangardista de Küng.
O castigo que sofre polo seu atrevemento ábreo á aventura do amor e axúdalle a superar a misoxinia que lle inculcaron. Pero, ao tempo, pono en situación de ter que decidir sobre o seu futuro.
Unha intriga teolóxica que encerra a historia dun rapaz que trata de buscar a súa identidade e o sentido da vida  nun ambiente de represión emocional e sexual.
Presentación  editorial

   Conexión Tubinga  xira arredor de:
- Personaxes reais, como Ratzinger, Küng, Nietzsche, Sartre, Erich Fromm, Hegel, Lefebvre, Clemente VI (Aviñón), Lutero, Rahner, Congar Schillebeeckx, Leonardo Boff, Tarancón, Marx, Freud, Kant ou Feuerbach.
- Personaxes de ficción, algúns son prototipos fáciles de identificar.
- Libros de Küng: Infalibe?, Existe Deus? e Iglesia.
- Acontecementos: Vaticano II, revolución de maio do 69, movemento hippy.
A acción desenvólvese no Seminario Maior de Ourense e na abadía de San Bernardo, quizais Oseira,  nos anos sesenta (Quinta en Filosofía e Teoloxía).
É un diálogo entre a teoloxía e a filosofía, entre a fé e a razón.
É un retrato psicolóxico fino de seminaristas teólogos, sacerdotes, monxes e bispos. Por estas paisaxes desfilan mozos indecisos que deben tomar decisións sobre o seu futuro, adultos que deciden sobre os subordinados. Persoas ambiciosas que buscan o seu ego. Persoas atormentadas polo seu pasado. Persoas hipócritas e seres honestos.
É un enfrontamento tenso entre a igrexa conservadora e a vangardista. Entre o fundamentalismo externo e a relixión humanizada.
Toca temas actuais, como o sacerdocio feminino, e tres mulleres, María, Hana e Davinia, ausentes as primeiras e presente Davinia, moven, sen pretendelo, a engrenaxe da trama novelesca.
É un libro que fai pensar, ademais de lembrar. Logo é lectura útil.

                                 Eduardo Seco

domingo, 7 de febrero de 2010

Cousa nova

Hoxe non van nin poesías nin contos nin chafalladas,como normalmente acontece nó meu caso. Hoxe tan só, catro verbas sen transcendencia, unicamente co fin de “encher” un recuncho deste “cuasi” destartalado encerado nó que algúns poucos escribimos. Nada importante madura baixo o sol e o que hoxe madura, axiña seca e veñen novas cosechas.
Dicirlle a Rafael que si, que tamén eu cheguei ata o final da súa intervención neste Libro. Deixoume penado a lectura do P. Henri Boulad, que tiña dirixido a S.S. denunciando a calamitosa tempestade que azouta a barca de Pedro que, atravesando unha intensa borraxeira, non á de afundila,como predixo o noso Señor Xesús.
Me gustaría dicir aos cregos que len esta páxina, polo que oio a rapaces que están carentes de fe, deberían facer ver máis veces, nos seus sermóns dominicais, que toda a riqueza patrimonial que se ven en catedrais, monasterios, igresias, etc. Etc...NON SON DOS CURAS, si non que son herdados de séculos esplendorosos, onde o POBO estaba entregado de cheo a honra de Deus.
Pensan moitos rapaces e maiores que, se o Vaticano, vendese o “seu patrimonio”, podería desterrar moitas miserias nó mundo, e imitaría máis a doctrina de Xesús...Máis aí está o erro que ten moita xente...ese Patrimonio, non é dos curas nin do Papa, E DO POBO...iso é o que hai que facerlles ver a mocidade que no no comprende...(sucédelle aos meus fillos que temos discutido moito sobre o tema...)
A F.Ledo, teño ganas de velo,pois dende que deixei Belvís, penso non volvín a velo...Teño a súa imaxe de rapaz na miña mente...,pero seguro hoxe nó recoñoceria.
A E. Seco, que nos siga coas súas clases de lingua galega, porque son verdadeiras cátedras de saber dicir...
E que máis...máis nada...Que escriba máis xente, que habela tena que haber.

“Postea...fumaremus purum...sed...purum aire ” Belvís, San Xosé ano do N.S. X, 1959.

Ata outra
A.Puertas

BRAIS PINTO

Foi, segundo din as crónicas ,un de tantos afiadores de Nogueira de Ramuín. Alí teñen, na praza do pobo, unha estatua monumento que llo lembra aos visitantes. Se ides ao mosteiro de San Estebo de Rivas de Sil pasaredes,seguramente, por alí a non ser que fagades a ida e a volta polos Peares.

Este humilde afiador revolucionario e vagabundo conta, Xosé Fernández Ferreiro, galego de cerne, que dou a volta ao mundo co seu asubiador imprescindible e dou nome a editorial e o grupo que en Madrid, nos anos 50, formaron Méndez Ferrín,Bautista Alvarez, Bernardino Graña, Ramón Lourenzo, Raimundo Patiño e algúns mais.

O Venres pasado, na casa museo Casares Quiroga,inaugurouse unha mostra con ese nome que lembra as andainas do grupo e que se ve con moito gusto porque esta chea de anécdotas das que foron protagonistas. Os que non sodes da Coruña, que poidades ler isto, acercádevos, se non o fixestes xa, a visitar a casa do que era Presidente do Goberno no 1936. Está en Panadeiras, indo cara o campo da leña, despois do convento das capuchinas e na mesma man. Vai para tres anos que a inauguraron. Ten horario de museo. E un modo de lembrar unha parte da nosa historia que durante tanto tempo estivo oculta. A mostra Brais Pinto estará aberta durante este mes no primeiro andar. Supoño que despois a levarán a mais sitios .Está moi ben feita .Polo menos a min gustoume.

Cando isto escribo, ás oito e media,estou aínda baixo os efectos emocionantes dunha película que fomos ver .Estrease aquí e supoño que en moitas mais cidades.”INVICTUS”. Vale a pena vela. Está fundada na no libro "el factor humano". E mais que unha película apta para todos os públicos. Dura mais de dúas horas e diante nosa estaba un grupo de nenos de dez anos,mais ou menos, e estiveron como na Misa. O que representa a Nelson Mandela ,fai un papel admirable. A idea forza e que que tes que crer no que fas para conseguir o que queres. E un canto a autoestima, a saber perdoar, a confiar nas persoas e a ter fe nun mesmo e a moitas cousas mais como é que transformar unha sociedade é posible. Esas conclusións son as que eu quitei.

Agora os avisos: Para Fernando Ledo que me alegrei moito que dese sinais. E comprensible que estando so e con tantas ocupacións, teñas menos xeito que outros que compartimos os labores da casa. Coida a saúde. Todos somos necesarios pero ninguén imprescindible. Eu aos compañeiros que tedes conciencia dos problemas actuais da Igrexa, coa involución que representa, admírovos e téñovos en xeral moita estima. E certo que hai que pensar como fas ti. Doutro modo é como para deixar de arar. Esa teoloxía práctica que lle chama Andrés e que ti compartes é o que vos dá a vida. Unha aperta para todos.

Remato xa esperando que Puertas nos estea preparando unha gran obra poética e por esa causa nos teña uns días abandonados. A Eduardo agradecerlle a claridade e a precisión coa que sintetiza todos aqueles temas que toca e que teñen, ao meu criterio, rigor suficiente para publicárense en calquera medio. E para todos un saúdo afectuoso. Rafael

viernes, 5 de febrero de 2010

VENRES 5 DE FEBREIRO

O amigo Rafael reclamaba en días pasados que eu dera sinais de vida neste parladoiro; a verdade é que xa me gustaría facelo máis veces, pero resulta que, se non me engano, eu son o único dos participantes, deica agora, que vivo solo nunha casa moi grande e isto significa que debo ocuparme diariamente das tarefas domésticas tan vulgares como indispensables (a lavadora, fregar os cacharros, ir á compra, cociñar,.......); a esto hai que engadir o ir á parroquia diariamente (a 10 kms. de distancia), ensaiar a coral dous días á semana, e acudir a tocar o "expresivo" ás parroquias limítrofes cando son requerido; (non é que me guste andar de funerais, pero dende que finou o outro crego que o facía, resúltalles máis barato chamarme a mín que non ós segrares que se adican a esto como negocio). Por outra banda, teño que dicir que o médico mandoume facer unha camiñata diaria para perder peso e deume de plazo hasta o mes de xuño para baixar 6 kgs. i eu prometinlle facelo así, e como son home de palabra penso cumplilo ainda que teña que facer folga de fame si é preciso. Todo isto unido a unha dose de preguiza persoal, quere xustificar as miñas tardías presenzas neste medio.
Rafael transcribíunos a carta que o insigne xesuita exipcio-libanés lle dirixiu ó papa Bieito; eu xa fai algún tempo que despois de atopala na internet saqueina pola impresora para meditala máis a fondo de vez en cando; por suposto que comparto e subscribo todo o que se dí nese escrito ainda que me doe na alma o reconocelo. Tamén comparto a análise que fai Eduardo sobre a situación da igrexa neste intre. Pero, como atinadamente dicimos todos, a igrexa non se reduce á xerarquía senón que é moito máis que eses persoeiros; é o Pobo de Deus; ahí nos encontramos todos como membros dun só corpo como dí San Paulo. Un día dicíame Andrés que él xa deixara de fixarse tanto no negativo da situación da igrexa e que pola contra trataba de adicar os seus esforzos ó positivo que se podía facer para aportar algo. Eu tamén penso que esto é o mellor que podemos facer todos. A laboura de tantos voluntarios, misioneiros, catequistas, mestres, médicos, en en xeral xente de tódalas profesións a prol dos pobres, sobre todo nos países do terceiro mundo, penso que estimula máis a nosa esperanza que tódalas pastorais e directrices que poideran emanar da xerarquía, pois unha cousa é predicar e outra moi distinta dar trigo. Así que pola miña banda, quero manter a esperanza e quero intentar aportar algo positivo a este Pobo de Deus ainda que sexa facendo cousas tan cativas como levar unha parroquia pequena de labregos envellecidos, manter a unión e a ilusión de facer algo xuntos cos membros da coral, tocar o friscorno nas parroquias limítrofes cando non hai quen o faga mellor, darlle catequese a media ducia de meniños (porque os máis grandiños xa non os mandan), visitar enfermos para contarlles catro contos a facelos sorrir algunha vez,... e pouco máis. Todos podemos aportar algo positivo sen pretender ser redentores, pois redentor solo houbo un.
Eu quero ser positivo e traballar neste senso, pero eso non quita que esté sempre pendente das noticias e comentarios que saen nos medios sobre a igrexa; non se pode negar a evidencia nin tampouco se resolven os problemas a base de ignoralos ou negar a súa existencia. A cousa non seguirá así por moito tempo; xa sucedeu antes e a historia adoita repetirse.
¡Änimo amigos!, dame moita alegría comprobar cómo mantedes o interés por estar ben informados sobre este tema e facedes unha análise documentada e serena sobre o mesmo. Deica outra. Fernando Ledo.