Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 7 de febrero de 2010

BRAIS PINTO

Foi, segundo din as crónicas ,un de tantos afiadores de Nogueira de Ramuín. Alí teñen, na praza do pobo, unha estatua monumento que llo lembra aos visitantes. Se ides ao mosteiro de San Estebo de Rivas de Sil pasaredes,seguramente, por alí a non ser que fagades a ida e a volta polos Peares.

Este humilde afiador revolucionario e vagabundo conta, Xosé Fernández Ferreiro, galego de cerne, que dou a volta ao mundo co seu asubiador imprescindible e dou nome a editorial e o grupo que en Madrid, nos anos 50, formaron Méndez Ferrín,Bautista Alvarez, Bernardino Graña, Ramón Lourenzo, Raimundo Patiño e algúns mais.

O Venres pasado, na casa museo Casares Quiroga,inaugurouse unha mostra con ese nome que lembra as andainas do grupo e que se ve con moito gusto porque esta chea de anécdotas das que foron protagonistas. Os que non sodes da Coruña, que poidades ler isto, acercádevos, se non o fixestes xa, a visitar a casa do que era Presidente do Goberno no 1936. Está en Panadeiras, indo cara o campo da leña, despois do convento das capuchinas e na mesma man. Vai para tres anos que a inauguraron. Ten horario de museo. E un modo de lembrar unha parte da nosa historia que durante tanto tempo estivo oculta. A mostra Brais Pinto estará aberta durante este mes no primeiro andar. Supoño que despois a levarán a mais sitios .Está moi ben feita .Polo menos a min gustoume.

Cando isto escribo, ás oito e media,estou aínda baixo os efectos emocionantes dunha película que fomos ver .Estrease aquí e supoño que en moitas mais cidades.”INVICTUS”. Vale a pena vela. Está fundada na no libro "el factor humano". E mais que unha película apta para todos os públicos. Dura mais de dúas horas e diante nosa estaba un grupo de nenos de dez anos,mais ou menos, e estiveron como na Misa. O que representa a Nelson Mandela ,fai un papel admirable. A idea forza e que que tes que crer no que fas para conseguir o que queres. E un canto a autoestima, a saber perdoar, a confiar nas persoas e a ter fe nun mesmo e a moitas cousas mais como é que transformar unha sociedade é posible. Esas conclusións son as que eu quitei.

Agora os avisos: Para Fernando Ledo que me alegrei moito que dese sinais. E comprensible que estando so e con tantas ocupacións, teñas menos xeito que outros que compartimos os labores da casa. Coida a saúde. Todos somos necesarios pero ninguén imprescindible. Eu aos compañeiros que tedes conciencia dos problemas actuais da Igrexa, coa involución que representa, admírovos e téñovos en xeral moita estima. E certo que hai que pensar como fas ti. Doutro modo é como para deixar de arar. Esa teoloxía práctica que lle chama Andrés e que ti compartes é o que vos dá a vida. Unha aperta para todos.

Remato xa esperando que Puertas nos estea preparando unha gran obra poética e por esa causa nos teña uns días abandonados. A Eduardo agradecerlle a claridade e a precisión coa que sintetiza todos aqueles temas que toca e que teñen, ao meu criterio, rigor suficiente para publicárense en calquera medio. E para todos un saúdo afectuoso. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario