A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís

Seminario Menor de la Asunción - Santiago
viernes, 26 de febrero de 2010
Concurso ¿Quen é..? (Andres GV)
A fotografía foi feita por Senín Bello nunha das nosas convivencias. O portador que non ten emborranchada a cara é perfectamente recoñecible, así como as santas que porta. O portador vai camiñando en arroubo místico, coa ollada perdida na terra e prendida no ceo, seguramente arrebatado por un fervor que o extrae deste mundo. Fixádevos ben no seu mirar. Semella un místico saído dun cadro do Greco. As dúas santas, desde arriba, van pendentes del porque se chega a levitar, poderíase producir un estropicio.
Ben, ábrese o concurso. O gañador terá unha homenaxe nesta mesma páxina, consistente en foto comentada de convivencias anteriores, ou algunha outra sorpresa, coa axuda de Vázquez Pose.
1. En que lugar da nosa terra foi feita esta fotografía?
2. A que ano corresponde a convivencia que deu lugar a tal actividade?
3. Cómo se chama o portador que ten a cara descuberta?.
4. Como se chama o portador que está ao seu lado?
5. Como se chama o portador que ía detrás del?
6. Como se chama o compañeiro que vai canda eles na procesión coma un devoto máis?
7. Como se chaman as santas que portan?
8. Como se chama a santa que vén detrás en segundo termo na procesión?
9. ¿Quen foi o compañeiro que tivo a acollida da convivencia aquel ano?
10. Cal é a romaxe na que están participando?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario