Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 21 de febrero de 2010

MIL PALABRAS

 
Non queda ninguén que non comentase este fin de semana a figa de Aznar. Opinións para todos os gustos. Faio cada un segundo a posición que teña respecto á cabra como nos refería D. Manuel Ferro. Uns vírona branca, outros negra e outros nin mais nin menos ou non saben ou non contestan Hai un aspecto que nonescoitei. O da exemplaridade para os mais pequenos. Por iso escollín esa foto dun neno.


Conta un emigrante,deses tantos galegos que nos anos 70 traballaron en Alemaña, que ía cruzar un semáforo en vermello e o compañeiro alemán suxeitoulle o brazo e preguntoulle que ía facer. Non ves que non hai perigo?. Respondeulle o emigrante: E si te ve un neno? que?

Cando suceden feitos que chaman poderosamente a atención, como o maltrato ou a violencia, porque saen nos medios de comunicación, inmediatamente nos acordamos ou do dereito ou da educación .Imos modificar unha lei ou isto hai que empezar pola escola. Que pouco pensamos que na sociedade todos influímos na conduta e comportamento de todos , máxime cando a información, as ideas, as imaxes, a expresión das emocións e sentimentos se nos mete nas salas, nos cuartos e acaba contaxiándonos malia que pensemos o contrario.

As imaxes do que asiduamente vemos rematamos interiorizándoas como algo normal e quitándolle a gravidade do que en si mesmas poden ter.

Hai uns anos xa no Instituto, cando había “crónicas marcianas”, un alumno indo para o encerado tiroulle un compañeiro do pantalón e deixouno en calzóns ante toda a clase. Era un neno vergonzoso e tímido e reaccionou botándose a chorar ante as gargalladas dos demais compañeiros. A profesora comunicoullo a Dirección que sancionou ao autor con suspensión do dereito de asistir ao Centro durante tres días, tendo que realizar todas aquelas actividades que cadanseu profesor lle mandan neses días. Cando llo notificaron aos pais pareceulles unha barbaridade. Aquilo fora unha broma de nenos que non ten importancia ningunha. Se o humillado tivese sido o seu fillo tampouco lle darían importancia. Iso vese na TV porque é a cousa mais normal. Uns días antes no programa citado,paseaban polo plató cos pantalóns baixados entre os aplausos do público.

A máxima é que unha imaxe vale por mil palabras. Xa en San Martiño nos ensinaban que as palabras poden convencer pero os exemplos arrastran.

Mudando de tema debo dicirlle a Senín que,sen estenderme moito, paréceme que tanto Setién como Uriarte, ámbolos dous Xosé Marías, se recoñecerán como dous grandes bispos por terse identificado co pensamento conciliar cando eran auxiliares un en San Sebastián e outro en Bilbao. Corresponden ao tempo en que eu seguía con mais intensidade e regularidade no día a día a vida da Igrexa. Foron bispos amantes do diálogo que fixeron causa cos mellores presidentes da Conferencia episcopal: D Enrique Tarancón e D. Gabino Díaz Merchán. que tan bos servizos prestaron a toda a sociedade. No pontificado de Pablo VI, baixo o que foron nomeados,foron tempos de gran liberdade na Igrexa e se escollían os pastores en consonancia coas doutrinas conciliares moi distinto ao que aconteceu posteriormente. O sementeiro destes bispos novos procede de Toledo do famoso D. Marcelo que pediu o voto contra a Constitución e puxo en marcha un seminario tridentino para formar cregos . Ao falar de Munilla tes en conta este dato. A Igrexa como xerarquía non lle vai moi ben e as causas son moitas pero entre elas penso que non está a desgracia do Concilio como xa din agora abertamente. Non hai mais que asomarse pola rede a INFOCATOLICA e ver como fan realidade o que dixo este papa “se muerden y devoran entre si” está á orde do día. Na década do 65 ao 75 mai sou menos todos cabiamos na Igrexa ,sentiámonos todos na mesma barca e todos formabamos o mesmo corpo cristián pero con distintas competencias, funcións e dons con respecto e cariño entre a maioría,deixando á marxe aos extremistas que sempre houbo. O carisma de cada quen era respectado. Cando os partidarios de Trento e do Syllabus se foron impondo na curia romana e atemorizando aos convertidos no Concilio e a deixar desde Roma sin efecto os acordos do CELAM e de Medellín, (A Tarancón impuxéronlle en Roma a causa de facer besto a Escribá,conta nas memorias), e apoiar as ditaduras en suramérica empezou a desfeita,as desercións...o demais que puídese dicir xa todos mais ou menos o supoñedes porque como di Vilariño a estas alturas da vida xa estamos de volta de moitas cousas. Isto é falar por falar.

Esta semana condecoraron aos militares coñecidos hai 36 anos como os húmidos. Xa era hora. O Parlamento a proposta de Defensa acordouno por unanimidade. A xustiza é lenta. Un profesor que tiven eu dicía que era lenta “per se". .Referíase á que se pide ante os tribunais, pero a outra por analoxía tamén se contaxia“.Se fose rápida a xente confiaría nela e presentaría tantas causas que inmediatamente caería na lentitude outra vez.
A reportaxe que nos fixo Vilariño das 12 tribus está moi ben e non desmerece nada das que aparecen en revistas gráficas que se ven nas perruquerías unisex .Un traballo bonito e ben feito. parabéns¡
Saúdos especiais para Amboage e agradecido polos bos desexos. Novas memorias para todos. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario