Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 4 de febrero de 2010

MACEDONIA IV

   Cando oín a nova sobre o funeral de John Felipe, coa entrega á familia dunha bandeira de España e coa imposición da Cruz do Mérito Militar, acordeime do argumentario da hemeroteca dos últimos días:

         JOHN FELIPE ROMERO MENESES
                                             In memoriam
O soldado español é colombiano.
Colombiano o defunto que recibe honores
envolveito na bandeira de España.
España debe aos inmigrantes
o 30 por cento do crecemento
do PIB da última década.
Os inmigrantes agora
están demonizados.
Os mesmos que axitan patrias e bandeiras,
os que cociñan fantasmas con fronteiras,
os que alimentan xenofobia
nun país que tivo
millóns de emigrantes,
gardan silencio. Os mesmos.
Ninguén protesta porque
mozos indios ou morenos
viñesen substituír
as mozas e mozos españois.
A vida segue:
Outro soldado colombiano,
ou peruano, ou boliviano
ocupará a baixa de John Felipe,
non o baleiro
no contorno familiar.
A nai do soldado inmigrante
seguirá coidando vellos
na rica España.
Outros seguirán conxugando
votar con eleccións,
gañar con medias verdades,
avivar instintos primarios
con inmigrantes culpables
de todos os nosos males.

Explotación contra pobreza,
camufladas na bandeira
da burguesa hipocresía.


DITAME DO CONSELLO DA CULTURA
   Onte lin o Ditame do Consello da Cultura Galega sobre as Bases para a elaboración do decreto de plurilingüísmo no ensino non universitario de Galicia. 
   Atende fundamentalmente aos aspectos sociolingüísticos e educativos, remitindo ao marco xurídico legal vixente só como marco de referencia ineludible.
   A avaliación de natureza xurídica queda remitida ao ditame que deberá emitir o Consello Consultivo da Xunta.
   É outro ditame que rexeita todos os piares das Bases, coincidente co da RAG.
   Retiraranse as Bases e buscarase o consenso?

   O presidente da RAG dixo, contestando ao presidente da Xunta, que extremistas son os que queren anular a lexislación vixente e que conservadores son os que pretenden conservar a legalidade actual.
 Antes do chaparrón que está caendo, os estrategos das disjrasiadas Bases deberon pensar que a mellor defensa era o ataque. 

   Pódese lerimprimir este Ditame en:
    http://www.consellodacultura.org/
   Máis información en:
   http://bretemas.globaliza.org/
   http://prolingua.org/

MULTIPRESENTACIÓN MASIVA
   Mañá, 5 de febreiro, farase a presentación simultánea en 56 localidades galegas, españolas e estranxeiras do libro 55 mentiras sobre a lingua galega. Laiovento. Prolingua. Coordinado por Xosé-Henrique  Costas, profesor da Universidade de Vigo.
Segundo os promotores da idea, é un argumentario sinxelo e clarificador, pero sólido e rigoroso, que axudará á sociedade galega a comprender e superar as valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas, erróneas ou perversas, para frear o camiño da reposición e normalización  do galego  na sociedade.
   É unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os negacionistas do idioma.
   Desmonta as falacias que se veñen vertendo sobre a lingua galega.
   É unha reacción organizada, limpa e contundente contra as difamacións daqueles que por complexo, ignorancia ou mesquindade só buscan o esmorecemento da lingua propia de Galicia, o galego. 
   É posible que na vila /cidade dalgún mozo se presente esta achega colectiva.

                                  Eduardo Seco

No hay comentarios:

Publicar un comentario