Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 18 de noviembre de 2009

AGORA de Amenabar

Onte fun a ver a película. Dende o principio foime enganchando lentamente ó mesmo tempo que me producía unha grande desazón. Qué fácil é manipular as concencias cando o poder político e o relixioso se alían ata confundirse. A destrucción da biblioteca fíxome estremecer, pero o papel do líder relixioso representado no bispo Cirilo causoume forte impacto e pena; é terrible a maneira de manipular as Escrituras Sagradas para conseguir arrastrar as concencias para obxectivos bastardos. Na película preséntanse os líderes relixiosos paganos, xudeos e cristianos todos eles fundamentalistas e manipuladores das masas. Certamente existe o fundamentalismo en tódalas relixións de tódolos tempos da historia; tamén agora mesmo e na nosa relixión hai moitas actitudes fundamentalistas. Saín do cine desacougado e voltei prá casa cavilando nas barbaridades que ó longo da historia se fixeron, pretendidamente,no nome de Deus. Víñanme ó maxin emperadores e reis presidindo Concilios, as Cruzadas, a conquista dos países americanos, o santiago matamouros, a inquisición, a "cruzada do 36", o caudillismo pola gracia de Deus,........a condena da teoloxía da liberación, o silenciamento dos teólogos conciliares, a rehabilitación dos Lefebristas, a acollida ós ultras reaccionarios protestantes, etc. etc. ¡Qué maneira de escurecer e complicar a mensaxe de liberdade e paz do Nazareno. ¡Menos mal que A VERDADE non é monopolio de ninguén! E Deus acostuma a actuar por libre.
Desculpade esta confidencia froito dun estado de ánimo impresionado. Non quixera ferir susceptibilidades.
Fernando Ledo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario