Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 27 de noviembre de 2009

PARÉSTICAS DE OUTONO (SENIN)



Amigos do 57:



Teño que estar agradecido porque Eduardo acábame de aportar outro capítulo para o libro de Galego que estou confeccionando desde que Rafael me mandou o primeiro coas normas RAG. No obstante esta vez non lle poido poñer o “nemine discrepante” e voulle faer algunhas apostillas, cuias réplicas aproveitarei para mais capítulos se non aburrimos o personal.



Amigo Eduardo: as miñas ocurrencias non teñen nada de retóricas en ningun senso que lle da o diccionario Cumio a esta verba a o meu entender, son recollidas da rua e do sentir popular-vulgar no entorno:



1.-Linguas vasca e catalana: outros usos adversos?

¿Pódese considerar non avesas as respostas que lle dan, por exemplo,nos tribunais de xustiza os presos vascos os xuices? E certos berros nas ruas en manisfestacións diversas, que non son eu capaz de reproducir na sua literalidade,pero que todos escoitamos?



2.- Racaneo das horas destinadas o castelan.....



- Nestas autonomias, hai cursos de primaria e secundaria que dan todas as matérias na língua vernácula: é legal? Cúmprese a normativa?

- Em Cataluña racaneouse abertamente a sacarlle horas o Castelán no ensino en pro do catalán..non sei se o conseguiron ou non....

-Algún establecemento comercial foi sancionado por rotular em castelán..

- E que me dis da última esixencia da tradutor do Catalán o Castelán na xustiza.



Así que non se pode negar a maior.



3.- Os diputados nacionalistas en Bruselas.....



Cando ocurreu un dos casos, o intervinte era Camilo Nogueria (enxeñeiro e economista, non como Roldán), e como daquela no protocolo da câmara no figuraba o galego, o diputado fixoo en Portugués que si figuraba.Esto no é marxinar innecesariamente o Castelán?. Non me parece un xuizo de intencións nin pensar en clave negativa.



4.- O plurilingüismo e un ben , unha riqueza…?



Moita xente pensa que é un castigo bíblico ( a torre de Babel da historia sagrada). Me parece que en 2º de BUP había cinco lenguas: castelán, inglés, latín, galego e francés (EATP opcional), ¿no che parece unha esaxeración? Sin embargo en todo BUP e COU podían pasar cun só curso de Física e Química. No actual bachillerito non sei como anda a cousa.C.J.Cela dixo en certo momento que dentro de mil anos só se falarian no mundo catro idiomas: Inglês, Chino, Castelán e Árabe.

Non estaria mal Eduardo, que nos explicaras porque hai tantas línguas no planeta.... para outro capítulo do libriño que dixen antes (pregunta inocente).



Conclusión:

Eu xa sabía que ti emites xuízos intrinsecamente bos e xenerosos, pero a realidade, as veces, parece intrinsecamente perversa, será que o gato escaldado escápalle a auga fria?

Em todo caso as tuas opinions merecen estar nos libros de texto e grazas por anticipado.

A ver si alguén mais da quinta se anima a votarme unha man neste difícil papel de “avogado do demo” (abogado del diablo).Moito obrigado tamén polo orden e numeración das respostas.



Amigo Rafael:



Ti parecesme mais indisciplinado, mira como Eduardo contesta punto por punto.....1,2,3,....ti empezas con Samain en gaélico, a moza dos ollos azuis, os calacús das Rias Baixas,...etc etc..



Qousque tanden o de :



- Questiones disputatae.

- Nihil violentum durabile.

-Nunquam contra natura.

-La causa de la causa es causa del mal causado.

- …………………etc.

¿Ou teslle medo o nihil ostat potest imprimatur ou a inquisición do século XXI? Como dixen no anterior comunicado podes comentar i extrapolar a discrección que o foro non se vai escandalizar, hasta me parece (perdón póla expresión) que padece de certo “autismo”(retiro a verba).



En canto os libros de texto de Sociais e de Historia e mesmo os novos libros de carreira os que te refires na tua resposta a Xosé Luis (o rubio) debo decirche, sin que elo sexa dogma de fé nin a última palabra:



1.- Obviamente eu non os lin todos pero si algúns e si acaso con certa superficialidade, pero na maioria observo os mesmos ou parecidos defectos que se podian atribuir os de hai 40/50 anos, solo que de signo contrario e decir como se foran escritos pólos que non puideron gañar a guerra, non souperon, non foron capaces ou cadroule así,e si non dime:



a) Como chegou a 2ª república (14 abril) o poder? Porqué procedemento democrático?

b) A quen se lle ocurre producido o levantamento militar:



- Disolver o exército e entregar armas o pobo,(esto non se lle ocurre nin o que asou a manteca co dedo).

-¿como se xustifican na práxis republicana feitos de fusilamentos masivos e indiscriminados coma os de Paracuellos de Jarama?

-Ante asasinatos de clérigos,bispos relixiosos/as polo feito de selo,desenterramentos e mofas de relixiosas en Madrid,venganzas,incêndios de edifícios e templos e outras barbaridades,mirar para outro lado e facer que non se vê....

Por esto precisamente a Igrexa da época falou de cruzada, e vaya si tiña motivos, por eso se refuxiou xunto a quena protexeu,(aunque 30 anos despois lle pesara como lle pasa as esposas infiéis).

Eu tamén asistin a presentación do libro de Alonso Montero “Cartas de republicanos galegos....” e, mutatis mutandis, podíase escreber o mesmo ou parecido desde o outro lado (babor e estribor dí eduardo), só fai falta unha persoa co xênio e inxenio do magistral profesor.





2.-Probablemente a República como forma de estado sexa a menos mala (ou si queres a mellor), porque a auga pura está no laboratorio e non serve para beber,pero as duas experenzas republicanas en España foron sencillamente nefastas, non hai mais que ver os resultados...



Eu non xustifico o chamado movimento, pero é que llo puxeron a güevo e o que é peor:viano vir e miraban para outro lado ( a ver si pasaba como ca Sanjurjada ou o de Fermin e Galán ).

Estas parésticas non son miñas,escoiteillas a xente moi leida ( e contemporáneos dos feitos) en historia, dereito e outros saberes.......



-Franco non estaba chamado a ser Xefe do novo Estado, eran Sanjurjo, Mola e lagún mais os mellor capacitados, a casualidade fixo que o 1º morrera em Lisboa o principio e o 2º no porto da Brújula (Burgos), e él estaba atento no punto de mira e entrou,loitou e venceu, mais pólos erros dos outros que pólos méritos propios. Agora naide lle pode negar astúcia,sagacidade, perspicácia e unha gran crueldade, sobre todo na postguerra (entre outras lindezas) pero.....



¡Quen sabe o que lle tem pesado a algún dictador contemporáneo e posterior a él non haber feito como él, sobre todo no tocante a entregar o poder, por exemplo Pinochet ou o mesmo Perón na Arxentina dos anos 50.



O primeiro mandouse incinerar para que no violaran despois de morto e o segundo profanárono varias veces na tumba.



-Un militar no pode ir a unha guerra a ver que pasa, ou a velas vir, tem que ir a vencer ou a morrer (así de claro) se non vai equivocado.E aquilo de “em último caso a dónde nos retiraríamos? A resposta é: o cimeterio. Franco de polemoloxía debía saber algo.Seguramente terán que pasar os 200 anos ou as cinco xeracións que falamos aqui para deixar as cousas mais achegadas a donde corresponda. Despois da Sanjurjada(1932?) este pediulle a Franco si o defendía, Franco negouse e díxolle: “general, se ha ganado Ud el derecho a morir”.



- Dí o ben querido e recordado JJ Cebrián, nun dos seus pasaxes:

“Las noticias históricas de todo tipo son mas o menos probables, jamás absolutamente seguras” (pax 30, los relatos….. ITC-2008).



Amigos Puertas, Fernando Ledo, e demais, moi ben, moi ben as vosas aportacions.Eu xa me confesei con Eduardo sobre o galego, e absolveume, díxome mais ou menos: as tuas faltas non teñen importancia (vaite e non peques mais).entendese perfectamente o que escribides.Cos mestres teño que ir o Diccionario Cumio frecuentemente.A lengua e un medio non un fin.

Adirome os recordos e parabens o mestre Miret Magdalena que xa fixestes alguns, que ademais do que dixestes moi bem, tamen era químico (lic). Eu coñezo a quen por aquilo das ultimas causas que se dicía en filosofía, pasouse a química por aquiloutro de averiguar de que está feita a materia mais intimamente. E tamén podemos recordar que outro sábio (Severo Ochoa) dixo en determinado momento: “al final todo es física y química”. ¿quén se atreve a meterse con esto?.



E deixovos xá, cun pensamento de Hermínio Barreiro, mestre de Dorrón (San Xenxo):



“ A vida e unha sucesión indefinida de problemas que hai que resolver.E iso somos nos: seres problemáticos que temos que resolver problemas cada dia.





Saúde.....adeus





P.D. Vou moi retrasado nas miñas respostas, xa irei contestando a medida que a miña escribana teña mais tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario