Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 11 de noviembre de 2009

DÍA DO PATRÓN

     Hoxe acordeime da festa de san Martiño no Seminario Maior, ubicado no mosteiro de San Martiño Pinario. Era unha festa grande nos tempos de filosofía, con churros feitos no claustro principal, bruxa da sorte e outras actividades que rompían a monotonía, como teatro, festivais e misa solemne. Despois foi decadendo a festa ou a miña ilusión.
     Pareceume oportuno renderlle homenaxe, hoxe, aínda que sexa tan humilde coma esta entrada.

     Sobre o corpo de san Martiño de Tours existen varias historias galaicas.
     A versión francesa di que á súa morte foi trasladado a Tours, onde no século XVI foi vítima da profanación dos hugonotes, salvándose só un óso do brazo e parte do cranio.

     A versdión galega di que o altar maior da catedral de Ourense foi consagrado no século XII con reliquias do santo. A historia completa afirma que o rei Carriarico, con corte en Ourense, envía a Martiño o seu peso en ouro para que medie e cure a lepra a un dos seus fillos. Martiño contestaríalle que o ouro non era suficiente e que, ademais, tiña que prometerlle a súa conversión ao cristianismo e a de todos os seus nobres. Carriarico aceptou. Curou o fillo e o rei levantou o que sería a catedral de san Martiño de Tours, única en España con este título.
    
     Outra versión atribúe a curación do leproso ás beneficiosas augas das Burgas. Noutra versión, o rei suevo Mirón, con sede tamén en Ourense, sería o responsable da curacción.

     A chegada das reliquias de san Martiño a Galicia débese ao seu homónimo Martiño de Panonia, Dumiense ou de Braga, que as trae camiño de Portugal.

     San Martiño simboliza a norma básica dos primeiros cristiáns, a que atraeu adeptos por millares proclamando a pobreza como único camiño da salvación. Tamén recomendaba non preocuparse polos acontecementos mundanos porque a parusía -a segunda chegada de Cristo- era inminente. Co paso dos anos estes dous postulados foron modificados notablemente. 

     Atopamos outra presenza do santo de Tours na lenda que conta que sete santos son galegos e son irmáns: santa Marta de Ortigueira, san Xoán de Reiriz, san Pedro de Sabariz, san André de Guillamil, san Martiño de Candás, santa Cristina de As Maus e san Adrián de Zapeaus.

    Ourense segue celebrando as festas do patrón, ata cun magosto popular. O mesmo fan as parroquias que o teñen de titular. No Seminario de Santiago queda demasiada pouca xente para celebralo. Unha mágoa!
   
                                           Eduardo Seco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario