Moitas grazas,amigo Seco,polas tuas felicitacións.
Como hoxe está o día tristón,deixovos esta poesía (chafalleira),pa erguer un pouco os ánimos:
O AMANTE
A porta estaba pechada,
i, a televisión, estaba sen voz,
a lua axexaba por fora,
i o vento choraba d´amor.
A noite era de tronos.
e nún cuarto brincaban os dous.
Centellas e raios caían
i, os cristales, pingaban suor.
Na fenestra petaba o vento,
e, nin caso, faciamos nós…
…non habia mouros na costa
i, a cama tembraba d´amor.
Canto máis bicos me daba,
máis me pingaba o suor…
…por acunar a ruliña
a carón do meu calor.
Por culpa do balanceo,
un pé da cama estalou,
saltando os dous polos aires,
naquela noite feroz.
A madeira do piso marchou,
i, ó cortello chegaron os dous,
caendo enriba da burra
que o marido á corte levou.
A reierta que alí se formou,
deixou o vento sin voz,
i escomenzou a tembrar a burra
que a somanta de paos levou.
Antonio Puertas
No hay comentarios:
Publicar un comentario