Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 18 de octubre de 2009

AQUI ESTAMOS

Amigos todos: Hoxe que teño algo de xeito e un pouco de tempo, despois de vir da manifestación de Santiago en favor da lingua, alí estaban moitos vellos coñecidos, vou facer uns pequenos comentarios para cumprir cunha colaboración semanal que me impuxen e a ver se son capaz de respectar.


Sobre a manifestación falarei outro día. Había moita xente. A Antonio que nos deleita cos seus versos, gracias polos adicados ao noso compañeiro Constantino que cursou as Humanidades e toda a Filosofía con nós e que, como dicía Eduardo, tiña moita caridade explicando sempre aos compañeiros aqueles conceptos que se lles facían mais escuros. Segue escribindo poesía. A Comunicación axúdanos a saír de nos mesmos e xa vemos a vida doutra maneira mais vitalista.


Respecto aos comentarios que se fan sobre a memoria histórica, realidade a que parece moi sensible,é de xustiza que se lle comprenda. Aquel a quen lle mataron algún parente, nun bando ou noutro, é lóxico que queden feridas e cicatrices. Recoñeceredes comigo que falar da guerra sempre foi un tabú. Era rara a casa que non tiveren algún familiar a favor da república ou a favor dos rebeldes. En moitas casas nas reunións familiares era un tema vedado.


Os feitos que un vive directa ou indirectamente afectan as emocións e os sentimentos e son como son para cadaquén. Pouco un pode facer para desprenderse da interpretación que desde pequenos oímos sobre o porqué da contenda. Agora, despois dos anos que levamos de democracia e de liberdade, xa temos outras fontes e podemos mudar de idea pola información a que accedemos e antes ignorabamos.


A Luís debo dicirlle que respecto tamén os feitos que conta e lle contaron pois serían así pero as deducións son insostibles,ao meu modo de ver, hoxe en día, pero ten dereito a facelas. A democracia na que vivimos tamén concede esa liberdade. Non hai mais que escoitar certos comentaristas e ler algúns periódicos para constatar que somos libres. Disnos que fixeras historia e políticas. Se hai moitos anos ,non te ofendas , deberías consultar os novos libros da carreira e mais os libros de sociais e historia polos que estudaron os nosos fillos. A historia sempre a contan os vencedores, como eles queren e mentres poden. Nisto estarás de acordo.


O esquema da historia que estudamos sobre a guerra civil é que foi necesaria xa que por medios pacíficos era imposible impedir que España caera en poder dos comunistas. Deixemos o da cruzada e o apoio da Igrexa que hoxe creo que poucos discuten.


Hoxe o esquema e que foi un alzamento contra a democracia. Iniciouse e continuou un proceso de represión e persecución dos demócratas a través da eliminación física o exilio e a depuración decapitando aos dirixentes culturais e políticos. A participación do nazismo e do fascismo con extensión a España estaba deseñada e por iso axudaron Alemaña e Italia a transportar as tropas de Marrocos a península e interviñeron logo activamente na guerra.


As anécdotas que nos contas están ben.


Mira: estamos nunha idade en que se non lle facemos caso aos fillos e a mocidade podémonos converter nuns avós “cebolletas” como aquel dos cómics de Bruguera de cando eramos cativos. Iso que nos dixeches :Los buenos salvajes modernos que son nuestros hijos se tragan todas las ruedas de molino porque no han conocido otra verdad.” non me gustou nada e supoño que se llo dis a eles tampouco o aprobarán. Grazas a eles mantémonos actualizados e avellentámonos menos.


Non te sentas coartado polo que digo, xa que este blog é ,como dixo Manuel López, como a sobremesa dunha comida onde se pode falar con liberdade e ademais e unha paréstica que di Senín: falar por falar. Non ten mais consecuencias e ademais so nos lemos uns a outros e namais. Non somos creadores de opinión para iso xa hai outros e ademais páganlles e ben. Ademais como lle dicía a unha amiga nosa un sobriño adolescente, cando o corrixía, revirábase porque ela non era nin seu pai nin súa nai para facelo. Eu tampouco.


Un saúdo cordial para todos e deica a próxima. Rafael







No hay comentarios:

Publicar un comentario