A MIÑA CASIÑA
Subindo pola do Medio,
i,ó pasar á de Corral,
alí está á rúa Pizarro,
alí comezou meu cantar.
Alí as miñas lembranzas
vividas dende rapáz,
sonando sempre desperto,
sonando con retornar..
A brancura da casiña,
i ó agarimo dos irmás,
fánme chorar cando penso
nó meu rueiro,nó meu lugar.
Laiando fun pola vida,
cantando fun polo mar,
as areíñas marcaron
ós meus pasos ó pasar.
Canto máis lonxe pisaba,
máis me poñía a chorar,
i, ó entrar polas Carballas,
renacía ó meu cantar.
Cantaban conmigo as fontes
i as neniñas ó falar,
cantaban ós paxariños,
i, bruando, cantaba ó mar.
Ó balcón da miña casa,
i ós xeráneos da miña nai,
cantaban seus cores na rua
cando pasaba ó meu pai.
Todos aportaban algo,
todos querían cantar,
un torbelino envolvente
envolvía ó meu fogar.
Antonio Puertas
No hay comentarios:
Publicar un comentario