Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 21 de octubre de 2009

Paresticando......(Senín)

Paresticando………….( Senín)








Amigos Quinta do 57-Foro Severino Calvo: Paz e ben, saudo franciscano, que me gusta moito.



Retomo este parladoiro despois dunha pausa, desde o 31 de xullo. Esperei intencionadamente por duas razons.



-Dar tempo e espazo para que se foran comentando cuestións pendentes de completar, e

- Non restar atención a novas incorporacions, como así vai ocorrendo, o cual é para felicitarse a todos.



Súmome a todos parabéns e agasallos que xa alguns fostes enumerando con detalle e nomes, polo cual eu xá vou omitir. Enhoraboa a todos póla saúde do foro.



Agora vou ir comentando algo e dirixindome a alguns em particular, pero non quere decir que sexa unha cuestión entre dous ou tres que se citan, senon que é un colóquio entre todo o foro dirixido a todos, como non poderia ser de outra maneira..



Amigo Rafael: moi agradecido pólas axudas bibliográficas e lexislativas,estás xusto no teu papel de recopilador e asesor mayor da quinta. Felicitarte tamén póla tua constancia perseverancia e productividade no tempo.Pero teño que decirte que todavia quedan moitas cousas pendentes:.

-Cerraches moi bem o tema Guerra Campos. Eu no estaba tan ben informado, pero permiteme que añada que a pesar de todo Guerra foi mais coherente fiel e leal consigo mesmo, co seu curriculum e con um sector considerable da igrexa pobo de Deus, que a misma xerarquía do seu tempo e incluso o mesmo Vaticano. O principio dos anos corenta ou finales dos trinta, a Xefatura do novo estado español recibiu un telegrama de Roma, que mais ou menos dicia:” Gracias a V.E.y al heróico/sacrificado pueblo español , esa nación puede seguir siendo cristiana/católica”(cito de memória). O final do franquismo a Xerarquía eclesiástica española e mesmo a asamblea conxunta Obispos-Sacerdotes(1971)(a que asistiu por certo entre outros o noso bem querido Calvo Tojo) estudiaba a forma de pedir perdón o pobo español polo seu papel durante a contenda e despois dela. Esto foi o que pasou e se dixo,repito mais ou menos: Eu tiven um compañeiro en Ferrol que en casos parecidos decia: “átame esa mosca por el rabo”, o mellor para democracia e pólas circunstancias políticas foi mellor así, pero eso é fidelidade? É coherencia? É lealtade? Eso chámase lisa e llanamente achegarse o sol que mais quenta según de donde veña o vento.¿a ti que che parece?.



En canto a memoria histórica só che vou decir algunha paréstica que espero que ti comentes ou mesmo extrapoles como queiras, e para non liarme moito:

-“ A moro muerto gran lanzada”

- “La causa de la causa es causa del mal causado” e outra

- “Que fácil es ganar una guerra cuando el vencedor está bajo una losa de dos toneladas de peso!.

Isto dixose nos medios recentemente e Benjamín Franklin, no seu dia, añadiu: “o caminamos todos juntos hacia la paz, o no la encontraremos nunca”.

As questions disputatae, tamén pendentes espero que alguén volva sobre elas ahora no novo curso.Andrés xá dixo algo.



Amigo Eduardo: Eu xá che asiñei unha cadeira na RAG hai tempo. Agora dariache outra si de min dependera. Non cabe dúbida que dentro de pouco teremos um libriño de galego pra quinta, recopilando os teus comunicados.Enhoraboa. Pero eu esperaba a caña prometida (e non de cervexa) desde outra dirección.Eu de mayor quero ser coma ti: mestre, amigo,sincero,leal, boa persoa,pero agora dime:.



- Pra que usan os vascos e catalans a lingua, fundamentalmente, aparte de para comunicarse entre eles e nin maioritariamente? Lamentablemente creo que para diferenciarse, aislarse, autoafirmarse na sua insolidaridade e non entenderse co resto dos españois principalmente, e sobre todo como ferramenta excluyente

- Non penso que o caso do galego se pareza en nada o citado, pero as veces, a actitude, modos e maneiras dun sector no pequeno e variado de orixe e ideas(desde logo non labregos nin mariñeiros, estes si que o levan no ADN) o parece.

- E si non ¿a que ven o caso que se ande racaneando nas horas asignadas o castelan e nos libros de texto (que ti vem coñeces)?

- ¿crees que é de recibo que un alumno chegue os 16/18 anos,descoñecendo e non practicando o castelan, como xá pasa nas autonomias citadas e seguramente pasará aqui mais pronto que tarde?

- ¿que che parece que en Bruselas, alguns diputados nacionalistas teñan a menos expresarse na língua de Cervantes? E esixan tradución simultánea??.



Xá sei que ti non pensas así, pero hai moita xente que se fai estas preguntas, e algunha mais que xá no voy poñer para non alongarme demasiado, pero que seguramente ti coñeces mellor ca min. Agradezoche aclaracións,sem olvidar outras “cañas”.

“Corruptio optima pesima” ( o mellor digo o revés,ti as de recordala o direito).Pero, “do you remenber FILESA event?” or ROLDAN ocurrence? No cabe dubida que se este e o mundo que fixo Deus, que o demo o leve. Todos somos de barro e os do PP tamén:¿porque todos queren chegar o poder? ¿porque Mariano Rajoy quere ser presidente do goberno, sabendo que vai gañar(teoricamente) a décima parte do que percibia como rexistrador da propiedade? Estou dacordo contigo. A ver si os filósofos/teólogos aclaran algo.



Amigo Xosé Luis Sánchez Otero (o rubio): benvido o foro, graciñas tamén pólas tuas orientacións bibliográficas.Xa teño localizados a Raimundo, A Bula e o Compostellanum so me falta a guía e o manuscrito. Non obstante se a tua muller encontra algun exemplar póla casa ,tamén llo agradezo pois non todas son iguais, publicabase unha cada ano. Diverteme moito a linguaxe e a espiritualidade da época. Dille a tua filla anestesista que non lle poña obstáculos a “fala”, seguro que aqui non vai ter os atrancos doutros sitos. E o galego e moito mais fácil que o inglês e non digamos os galegos/as ante unha médico/a.

Trataches moitos temas no teu comunicado así que o longo do ano xos iremos debullando. Celebramos a tua incorporación o foro. Seguramente algun compañeiro che fará chegar fotografias nosas cós nomes de cada ún. Monseñor Cerviño (que ti preguntas)Vive en Vigo nunha casa sacerdotal que el mismo fundou sendo Bispo de Tuy-Vigo (ten 89 anos).En 2007 presidiunos en Santiago a Xuntanza anual e fixo gala de bastante bo estado de saúde, con achaques propios da idade.Foi un bo rector, um bo Bispo e tamén um bo mestre.Parvus in corpore, e Deus me perdone a min que non debo emitir xuizos de valor dun superior.

Se paso por cerca de Cuenca, chámote e tomamos unha caña e visitamos a tumba de Guerra Campos, que ti terás localizada, e contoche algunha paréstica. Non deixes de vir por aqui e avisa cando chegues.o próximo ano temos xuntanza em Muxía o terceiro sábado de setembro.

Moi ben Doval desde Málaga, Esperamos a intervención de L Amboage desde Madrid.Xa formamos unha malla xeográfica: A Coruña/Madrid/ Málaga/ Cuenca/ Pontevedra.

Que non decaiga.

Non vos canso mais por hoxe.Xa me irei metendo con todos pouco a pouco.Saúde.





PD: Cando xá tina cerrado este comunicado,recibo dous

espléndidos e longos discursos de Xosé Luis desde Cuenca.Un abrazo Xosé Luis.En circunstancias como estas o finado de Severino houbera dito: ALTO,ALTO,ALTO....non vaiamos a liala entre nos agora.Es menester (diria tamen o finado Tierno Galván) sosegarse.Eu que estuven preparandome para a guerra durante casi trinta anos,invitovos a paz dialéctica, a outra dase por descontado que a temos. In médio virtus. Nunca mais, nunca mais guerra civil:foi unha desgraza, unha vergoña e unha miséria para todos para todos, vencidos e vencedores,todos perdemos.Fagamos un esforzo por expoñer os argumentos coa máxima serenidade, rigor e obxetividade.Si vos parece ben,e perdoádeme esta intromisión, quedan nombrados moderatores ad hoc e principais poñentes,Rafael Garcia Ramos e Xosé Luis Sánchez Otero.Por alusións tem palabra Rafal ou calquera que teña bos argumentos e algo que dicir. Contiua a sesión (admitideme a broma). Vale

No hay comentarios:

Publicar un comentario