Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 9 de octubre de 2009

DESCANSO NO PRIMEIRO ENCORO. BENVIDA.

Ola, amigos:
Tiña redactado, corrixido e actualizado para hoxe un comentario a unha paréstica relacionada coa Cope, titulado Fe de Rico. Pero despois de ler as marabillosas entradas de Rafael, Fernando, Antonnio e de Miguel Ángel, non quero romper a maxia creada sobre os idiomas e o galego, nunha tearaña con centro en Belvís 57 e fíos amarrados a onde nós queiramos, despois de tantos anos de ausencia. Nesta ocasión, Pontevedra, A Coruña, Camariñas, Lestedo e Málaga foron os vértices do pentágono que ha de crecer.

Rafael e Antonio xa son coñecidos como mestres da memoria colectiva e da palabra poética respectivamente, pero Fernando e Miguel deron unha lección de sinceridade e autenticidade, por iso non quero introducir hoxe temas disonantes nin me atrevo a cuestionar nada do dito. Benvidos ao foro. Espero enriquecerme coas vosas achegas desde territorios físicos e mentais tan distantes.

Hai uns días facía apoloxía de todas as linguas como códigos de comunicación, defendendo a irmandade das mesmas. Non podía ser doutro xeito, fixen filoloxía hispánica nas universidades de Vigo e de Santiago, ensinei castelán, francés e galego; dei outras materias en catelán e en galego e estou tentando aprender inglés. Non hai que pedir perdón por escribir no blog en castelán.

Coñezo moitos casos de persoas que descubriron a realidade galega (cultura e lingua) desde fóra de Galicia. Por que? Creo que o noso problema grave é a educación (social e académica) que recibimos, que fixo estragos nas nosas mentes, que seguen secuestradas e seguirán por moitos anos. Se non facemos unha reinterpretacción da historia e da realidade galega, seguiremos perdidos, mirando para o alleo e ignorando o propio.

Tentarei noutras entradas explicar o comportamento lingüístico dos galegos a través dunha visión sociolingüística ampla. Poida que proxecte luz sobre o descenso alarmante de galegofalantes nos últimos 12 anos (1992-2004).

Tamén me gustaría que Miguel Ángel concretase, en espazos temporais e políticos, o "ordeno e mando", na imposición do galego, como causa do mal. Quizais desde aquí poidamos aclarar algo, como coñecedores desta realidade complexa.

Na próxima fin de semana tentarei pedir, ante o brazo incorrupto da Santa de Ávila, por tantos corruptos traxeados e tantos tontos que disque se deixaron enganar e pretenden seguir enganando a cantos queiran inscribirse na festa da estulticia.
A versión literaria da historia na pluma de Juanjo Millás paréceme maxistral. Derradeira páxina de El País, 09-10-09.

E lembrando vellos tempos, e tempos de rabiosa actualidade, Arriba España! Viva Italia! Viva Berlusconi!
Eduardo Seco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario