Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 19 de octubre de 2009

COMPORTAMENTOS LINGÚÍSTICOS. OPINIÓNS

Enfoque do tema
Cando prometía falar de sociolingüística, só pensaba en achegar algunha luz sobre o problema tan complexo que nos ocupaba. Temo que as espectativas de Rafael se troquen en decepción, porque non teño a clave de nada e soamente convencerei a quen xa está convencido. O tema idioma é tan sensible porque o tratamos desde o corazón e non desde a razón, desde a ideoloxía e non desde a lingüística.

O problema do galego na actualidade non é lingüístico, senón que se quere facer ideolóxico: cando se querre desterrar unha ideoloxía (galego) para reforzar outra (castelán), non valen os argumentos lingüísticos. Creo que aquí radica a causa básica do que estamos vivindo. A manifestación de onte de Santiago e as vibracións que irradia confirman que aínda non perdemos a dignidade colectiva.

Quizais sexa paradigmático que Os Peares sexa unha aldea emblemática: confluencia de tres ríos (Miño, Sil e Búbal); pertence a catro concellos, a tres partidos xudiciais, a dúas provincias e a dous bipados. É vítima dos disparates dministrativos, símbolo e tamén causa da esquizofrenia que padece Galicia, como colectivade ancorada no século XIX.

Mentres non superemos, como pobo, o complexo de inferioridade e autodesprezo que a Escola e as Administracións nos infundiron, non podemos esperar que o galego sexa unha lingua normalizada. Aquí está a nai do año.

Recordando a historia, podemos afirmar que:
1. As dúas linguas cooficiais de Galicia sempre tiveron dimensións sociais diferentes.
2. O galego falouno a totalidade da poboación nos primeiros séculos de existencia.
Ata hai poucas décadas, gran parte da poboación seguía usando o galego.
3. En Galicia introduciuse o castelán a finais do século XV.
4. Durante séculos, o castelán foi aquí lingua de minorías, a lingua na que se desenvolvía a vida
administrativa, académica e eclesiástica.
5. Coa chegada da autonomía, o galego converteuse en lingua oficial.
6. A extensión da escola e coa presenza masiva dos medios de comunicación propiciaron que o
castelán fose coñecido polo conxunto da poboación e utilizado, parcial ou totamente.
7. Hoxe aínda son maioría as persoas de Galica que entenden o galego.
8. Moitos usan o galego ou o castelán en función das diferentes circunstancias sociais:
- Lingua A (culta), o castelán.
- Lingua B (familiar e coloquial), o galego.
9. Nas áreas urbanas descende o número de galego-falantes. Nas zonas rurais téndese ao
mesmo comportamento entre a xente moza.
10. Ao tempo, coa autonomía, o galego entrou máis en ámbitos de uso que antes lle estaban
vedados. Hai, pois, unha expansión lingüística cualitativa.

Comportamentos lingüísticos
A presenza do galego na vida social non se corresponde co peso e vitalidade que ten na poboación. As circunstancias anteriores levaron á poboación a interiorizar os valores do esquema diglósico. Así naceron os prexuízos e comportamentos preocupantes, como:
1. O costume de non lles falar en galego aos nenos na casa.
2. O hábito de non falar galego cando o interlocutor fale en castelán. É unha das pautas de comportamento máis arraigadas na sociedade. Parece unha mostra de respecto lingüístico exemplar, con trato igualitario para as dúas linguas presentes en Galicia. Sería isto certo se o galego e o castelán tivesen consideración social semellante, e os castelán-falantes cambiasen de lingua cado o interlocutor falase en galego. Pero non sucede así. Créase unha disimetria de graves consecuencias para o galego.

Opinións sobre o galego
Como consecuencia das circunstancias hitóricas adversas que viviu o galego, fóronse consolidando na sociedade moitos prexuízos sobre o galego. Somos as persoas as que temos os prexuízos, pero a orixe sempre é social, nunca individual, porque vivimos nun contexto que favorece a súa aparición.
Estes prexuízos tradúcense en pautas de conduta, en leis non escritas que rexen o noso comportamento, e das que non somos conscientes moitas veces.
Outras veces os prexuízos saen á luz en forma de opinións sobre as linguas e sobre o seu uso:

1. O galego vale para a vida rural, pero non para o mundo da ciencia e da técnica.

A lingüística dinos que os idiomas, independentemte das súas características ou da súa extensión, valen todos igual.

Detrás deste prexuízo, no caso do galego, está a sús historia: a nosa lingua estivo privada de acceder a determinados usos sociais e a certos ámbitos da ciencia. Isto creou hai anos algúns problemas léxicos, xa que non había tradición de vocabulario específico.

2. O galego representa o atraso. O castelán, a modernidade.

As linguas non son atrasadas ou modernas. As atrasadas ou modernas son as sociedades. Que haxa carros de vacas en Galicia ou en Cantabria non depende de que aquí se fale galego e alá castelán, senón doutras cousas non ligadas á lingua.

Como o galego se conservou en tempos difíciles no mundo rural e mariñeiro, algúns relacionan o galego co atraso, ao asocialo a ese mundo. Pero unha lingua, cando se normaliza, non sabe de status e diferenzas: é rural e urbana, culta e popular, da mocidade e dos adultos, porque vale para todos os ámbitos da vida social.

Hoxe o galego está presente en case todos os eidos avanzados. Outra cousa é que estea nunha situación minoritaria, como consecuencia das outras condicións sociais.

3. O galego significa quedarnos pechados en nós mesmos. Só serve para Galicia.

Prexuízo moi estendido, baseado nunha falsidade que non o parece. É certo que hai linguas que ofrecen máis posibilidades de comunicación fóra de Galicia, como o castelan, o inglés ou o chinés. Ao tempo, estamos en Galicia, temos unha lingua propia e resulta natural que a utilicemos nas nosas relacións cotiás.

O (falso) proble aparece cando se queren facer linguas incompatibles. É normal ter unha lingua de instalación, a que utilizamos na vida diaria, perfectamente compatible con outra ou outras linguas de relación para outros contextos.

4. O galego fálase distinto en cada sitio, non nos poñemos de acordo entre nós.

Esta opinión sinala como eiva algo que é unha característica de cada lingua: a existencia de variedades lingüísticas (dialectos) en distintas partes do territorio.

Hoxe están estudadas as áreas dialectais do galego: hai unha fonda unidade do idioma en todo o país e non hai ningunha variedade que impida a comunicación entre os galegos das distintas zonas. Polo contrario, debemos manter como valiosa riqueza as actuais variedades dialectais da nosa fala e buscar o lingua estándar na escrita.

5. O galego é o quie sempre falou a xente; o que se fala agora é artificial.

O descoñecemento do concepto de lingua estándar, esencial en calquera idioma, orixina esta opinión. Nas linguas normalizadas, o proceso estandarizador foise configurando en longos períodos de tempo.

O galego, que viña dunha situación non nomalizada, viuse na obriga de facer en pouco tempo o que outras fixeron de vagariño. Na fala é desexable a conservación das variedades locais, na escrita todos deberiamos adaptarnos a unha norma estándar.

Os castelanismos (palabras castelás) introducíronse na fala popular. Nun proceso de depuración deberiamos evitalos na fala e na escrita para recuperar os temos propios do galego.

Eduardo Seco


No hay comentarios:

Publicar un comentario