Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 21 de octubre de 2009

HOMENAXE XUSTA

     Non lera o artigo de Rafael na Voz, felicítoo agora pola iniciativa e por dar mostras de ser agradecido a quen achegou á Igrexa tantas ideas de apertura e racionalidade, e a nós, os seus lectores, tantas pistas para tentar harmonizaar razón e fe, cando se necesitaba.
     Os heterodoxos, os que marcan camiños novos, adoitan ser esquecidos polos seguidores antigos e maltratados polos adversarios ideolóxicos.
     A idea de quitar o sombreiro e non a cabeza, ao entrar na Igrexa, asocieina con Andrés Torres Queiruga, que nunha entrevista (Faro de Vigo. 27 de setembro)  di:
   "Coñezo o documento de base que estaba preparado para censurar a miña obra e teño que confesar que me deu teoloxicamente pena, porque é dunha hermenéutica tan tosca e dunha teoloxía tan caduca que dubido moito que pasase o aprobado nun tribunal de teoloxía verdadeiramente actual".

     Recorda tamén que Ratzinger, teólogo, pediu hai tempo unha hermenéutica cordial e comprensiva para o seu pensamento teolóxico. Cre, polo tanto, "que o Papa non faría agora unha interrpretación tan simplista e tan falsa e que nunca diría que as miñas obras están fóra do pluralismo".

      Engade: "A miña teoloxía, moi atenta á filosofía e á cultura, axúdame e incluso obrígame a pensar a fe de xeito actual".

Ocórreseme a anécdota dun párroco a quen invitei a estudar na universidade para aproveitar tanto tempo libre. Contestoume que coñecía unha moza moi crente e que perdera a fe na universidade.

O intento de censura a Queiruga indica que a Inquisición, formada por "un grupo, dentro do Espiscopado español, máis ortodoxo ca ninguén", actúa sempre na mesma dirección. O entrecomiñado é de A. Torres.
Pareceume raro que non lles preocupase o asunto aos curas cos que falei do tema.

Corren malos tempos para a liberdade de expresión na Igrexa española, e foron peores. Por iso don Enrique era ignorado en certos ambientes. Pero as súas ideas seguen vivas e fano inmortal dalgunha maneira.

Cambiando de decorado, a entrada de Rafael non me pareceu fóra de programa, porque todo o que vén á redeblog é peixe, como din en Cabo da Crus.

Benvida a entrada de Andrés López Amboage desde Madrid, entrada triunfal co poema Soy ciudadano del mundo, con notas de universalidade cun sarmiento que ten aquí as raíces. Paréceme excelente.

Cando abría o blog para escribir este breve apuntamento, atopei a paréstica de Ramón, despois de case tres meses de silencio Demostra moi bo ton, conciliador e lúdico, en temas nos que non é fácil. Moi oportuno.
Para contestar ao que pregunta, terei que tomar moitos ferrados de sal, como din na miña terra. Procurarei
non esvarar en tanto xabrón, que non sei se forma parte da broma.
                     Eduardo Seco.
     

No hay comentarios:

Publicar un comentario