Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 20 de octubre de 2009

Fora de programa (Rafael)

Hoxe chamoume xente que hai anos que non nos viamos, dicíndome que compartía o contido da carta a Miret. O Domingo pasado,pola tarde, que escribín o comentario para aquí,tamén me acordei de Miret Magdalena que morrera a semana pasada e mandeille unha carta a Voz de Galicia como homenaxe de aqueles que o líamos en Vida Nueva,Tiempo,Sábado Gráfico,Triunfo,O Pais, ate hai moi pouco, e en moitos periódicos e revistas nos que escribía desde moi novo:Eu teño algúns libros del e a verdade é que foi un gran home que moito aportou a Igrexa, e a moitas xeracións de cristiáns, pese a que levaba moito tempo pasando del olimpicamente. Era un sabio. Como todos nos tamén estamos neses anos, dos 60 aos 70,seguramente , vos sentiredes identificados .Aí está o texto da carta que publica no día de hoxe a Voz de Galicia:




DOS 60 AOS 70


Escribo en representación tácita de aqueles que andamos entre os 60 e 70 anos e espertamos á vida,ás ideas,e ás inquietudes relixiosas, sociais e políticas tamén na década dos 60 aos 70. A semana pasada perdemos a un gran mestre, formador de formadores.:D. Enrique Miret Magdalena. Teólogo laico. Pai de 7 fillos. Finou aos 95 anos. Deron a noticia todos os medios Lembrámonos del sendo articulista das revistas e periódicos mais progresistas e críticos co nacionalcatoliscismo e coa dictadura de Franco. Foi articulista de Triunfo durante 20 anos: Sempre firmou e se presentaba como Teólogo, precursor e defensor das reformas do Concilio,loitador e defensor das liberdades democráticas ,profesor de Ética e Teoloxía nas universidades de Comillas e Salamanca. Conferenciante experto en Teoloxía, Ética e Socioloxía da Relixión e da Familia e Xuventude. Autor de mais de 20 libros e 2000 artigos. Foi un heterodoxo ao longo de toda a súa vida. Contaba, seguindo a Chésterton, que ao entrar na Igrexa pídesenos que quitemos o sombreiro pero non que quitemos a cabeza. Aínda hoxe teñen actualidade os seus libros e escritos. Sirva de homenaxe póstumo de todos aqueles lectores anónimos que nos sentimos sempre en sintonía con el, loitador infatigable de todas as causas a favor da humanidade ate o final dos seus días.


No hay comentarios:

Publicar un comentario