Recoñezo que cada día este parladoiro da quintado57 me ten mais enganchado, pois xa non deixo pasar dous días seguidos sen asomarme a ver de qué vai o asunto. Claro que eu síntome en desvantaxe con respecto ó idioma, xa que non tiven oportunidade de estudialo como se merece. Así que cando leo a Rafael ou a Eduardo disfruto coa fluidez do seu léxico tanto coma coa maestría e erudición con que desenrolan os distintos temas.Perdoade pois a miña deficiencia. O meu galego é mais ben de andar pola casa. Así lles falo ós meus fregueses e estou seguro de que sempre me entenden, pois é o mesmo que eu escoito deles.
Rafael pregúntame pola miña saúde; interés que agradezo moito e con satisfacción debo dicir que actualmente é moi boa, ainda que seguen a facerme controis moi metódicos. Tamén me pregunta pola afección ó cine; a esto teño que dicir que non dispoño de moito tempo para cultivala. Esto de vivir solo, nunha casa grande, leva consigo o ter que adicar boa parte do tempo ás tarefas domésticas; cando me canso métome co ordenador a ler algo a prensa do día e tamén a seguir atentamente o que se vai publicando na páxina de "redes cristianas", que como sabedes é portavoz ou altofalante de un numeroso grupo de Comunidades Cristianas de Base. Aquí atopo noticias e comentarios que satisfacen as miñas inquietudes vitais e reforzan a miña esperanza.
Tamén quero contarvos que dende fai unhos 8 anos, teño funcionando na parroquia unha coral que formei con xente madura que, dunha maneira entusiasta e totalmente desinteresada, acode dous días á semana de oito a nove da noite a ensaiar. Os compoñentes suman trinta persoas de idades comprendidas entre os 50 e os 85 anos; algún ano súmase algunha que outra moza pero persevera pouco tempo. Esta iniciativa naceu co propósito de que esta xente se acostumase a cantar en público e así servisen de fermento nas celebracións litúrxicas para que o resto dos asistentes se animaran a participar nos cantos. E teño que confesarvos que, así como noutras causas fracasei, tocante á participación no canto litúrxico, as nosas misas dominicais son todo un exemplo na bisbarra. O coro actúa como tal únicamente en oito datas fixas cada ano e exclusivamente na nosa igrexa, e, por suposto, sin retribución algunha. Estas actuacións son minuciosamente preparadas con polifonía incluída. Nas outras solemnidades e tódolos domingos do ano teñen a consigna de distribuirse por todo o templo e cantar cada un dende o sitio onde se atopa os cantos que se vaian entonando. Ó cabo de unhos meses o resultado foi espectacular: a xente sentíuse arrastrada a sumarse ó canto e as nosas misas empezaron a ser unha verdadeira festa. Tanto é así que agora dura unha misa de domingo 45 minutos debido a que cantamos moito, e á xente non lle rende o tempo que pasa na igrexa. Á saída páranse no adro a comentar cómo saíron os cantos do día. Asegúrovos que as primeiras veces cando eu oía ós homes da tribuna facer o dúo como si se tratara de un coro de homes solos, poñíaseme un nudo na gorxa e eu non podía seguir cantando. Moitas veces acode xente de outras parroquias e marchan desfacéndose en eloxios cara esta parroquia. Total que, despois de oito anos, os do coro seguen entusiasmados, o resto da xente perdeu o medo a cantar e as nosas misas son todas solemnes. Xa para rematar cóntovos que ademáis de non cobrar un euro en todo o ano, os membros do coro decidiron pagar unha cuota mensual de dous euros cada un para así (sumados a algunha xenerosa aportación do seu director), facer unha cea de vez en cando na casa rectoral para así enfortecer os lazos de unión e compartir as ilusións que nos moven a perseverar na tarefa.
Comprendes amigo Rafael, que esta ocupación tan gratificante para min me traia tan ocupado (buscando cantos novos,facendo fotocopias, aprendéndoos eu primeiro e logo ensaiando), que non teño mais remedio que renunciar a outras afeccións que tamén me gustaría cultivar. Pero os resultados compénsanme amplamente o sacrificio.
Esta é a miña experiencia que hoxe quixen compartir convosco. O mérito hay que reconocerllo a estas persoas sinxelas que, cando son motivadas suficientemente, son capaces de sorprendernos entregando o mellor de sí mesmas.
Outro día contareivos outras "cousas de andar pola casa".
Fernando Ledo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario